Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O programa Modo Galego, Actívao! pecha edición cun festival en Bertamiráns tras mobilizar a 3.000 membros da comunidade educativa

Durante catro semanas, os alumnos de Infantil á ESO dos 11 centros públicos amesáns so empregaron a lingua de Rosalía

Actuaron na explanada do polideportivo de Bertamiráns As Maianas, A Gramola Gominola e Uxía Lambona e a Banda Molona

Centos de persoas asistieron ao festival celebrado en Bertamiráns.

Centos de persoas asistieron ao festival celebrado en Bertamiráns. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ames

Bertamiráns foi marco do festival de música infantil Modo Galego, actívao! que xuntou a centos de rapaces e as súas familias para cantar e bailar na lingua de Rosalía co grupo de música tradicional amesán As Maianas e dúas das bandas con máis presenza no panorama da música infantil en galego: A Gramola Gominola e Uxía Lambona e a Banda Molona. Con esta gran festa pechouse a cuarta edición deste programa que, organizado polo Concello de Ames e a Real Academia Galega, en colaboración coa Xunta, animou a máis de 3.000 membros da comunidade educativa local a empregar a súa lingua propia.

O peche oficial do programa chegaba este venres, 17 de abril, cun gran festival na explanada do pavillón de deportes da capital de Ames no que houbo unha gran festa con diversas actuacións musicais. Deste xeito chegaba ao seu final neste ano o programa Modo Galego, Actívao! no que participaron os veciños máis novos (xunto coas súas familias) escolarizados nos centros de ensino que participaron no programa. No festival tamén participaron familias usuarias do programa de dinamización lingüística Apego, que non teñen nenos ou nenas escolarizadas en centros de Ames.

Banda sonora

A rapazada cantou e bailou co grupo de música tradicional amesá As Mainas, creador da banda sonora do programa que, xunto cos citados Uxía Lambona e a Banda Molona e Gramola Gominola, acadaron durante toda a tarde un ambiente moi festivo e familiar.

A este festival asistiron, entre outros, o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García; o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo; o secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García; a subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, María Coutinho; a académica da Real Academia Galega, María López Sández; e técnicos/as do Seminario de sociolingüística da RAG e do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames.

Dende a Alcaldía

O alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, mostrouse satisfeito pola boa acollida que tivo este evento. “Con festivais coma este damos un paso importante na normalización do idioma, xa que o obxectivo que temos todos é o mesmo: que o galego perdure. Como sempre digo, o galego non é patrimonio de ninguén en concreto, é patrimonio de todos e de todas. Agardo que este festival sexa unha actividade que vaia medrando cada ano e que perdure no tempo”, explicaba.

No seu turno, o presidente da RAG resaltou os bos resultados da experiencia que arrincou como un programa piloto en Ames e que xa se está a estender por outros concellos do país. “Unha parte importante do éxito da expansión do proxecto ten que ver coa excelente colaboración que sempre demostrou o Concello de Ames, así como do profesorado e a das familias”, apuntou Henrique Monteagudo. “Ames está a servir de exemplo con esta exitosa experiencia, e hoxe estamos aquí para celebralo con toda a comunidade educativa implicada”.

Un momento da actuación das Maianas.

Un momento da actuación das Maianas. / Cedida

Remate de actividades

Hai que lembrar que, previamente, o pasado 6 de febrero, chegaban ao seu fin as actividades propostas na cuarta edición de Modo Galego, actívao! Nesta edición participaron arredor de 2.700 alumnos e alumnas que contaron coa colaboración de case 300 docentes e uns 200 profesionais da educación non formal. O programa de actividades pechou cunha gran foliada en cada centro escolar que estivo dirixida polas pandeireteiras do grupo As Maianas e das asociacións de Bugallido, que ao igual que na edición anterior, cantaron e bailaron a canción 'Falo galego porque quero!', que as propias Maianas crearon explicitamente para o Modo Galego.

A cuarta convocatoria volveu a ser un éxito en canto á participación e confirma a consolidación da experiencia. Durante catro semanas, os alumnos e alumnas de Infantil á ESO dos 11 centros públicos amesáns asumiron un obxectivo común: falaren galego o maior tempo posible e en todas as situacións do día a día, da casa á escola e do parque ás actividades extraescolares. Os nenos e nenas foron os auténticos protagonistas dunha proposta de marcado carácter lúdico. Este ano como novidade, ademais do alumnado dos centros de ensino, participaron no programa os usuarios das escolas deportivas municipais.

TEMAS

Tracking Pixel Contents