Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Carballo posiciónase como un referente da divulgación científica a nivel nacional

Foi o único concello de Europa beneficiario da liña de axudas Accións Marie Sklodowska-Curie e Cidadáns da UE

Iván Andrade durante a súa intervención no foro de Pint of Science España.

Iván Andrade durante a súa intervención no foro de Pint of Science España. / Cedida

Carballo

Carballo consolídase como un referente estatal na democratización do coñecemento. O concelleiro de Innovación, Fondos Europeos, Formación, Emprego e Axenda Urbana, Iván Andrade, participou o venres en Madrid na xornada titulada Vocacións científicas sen fronteiras: rompendo barreiras sociais e territoriais, organizada por Pint of Science España.

Andrade fixo a súa exposición no bloque titulado Políticas públicas para a equidade, no que se analizou como a dispersión xeográfica e a vulnerabilidade social limitan o acceso á ciencia, e como o modelo Carballo está a romper estas barreiras.

Un dos exemplos máis recentes é o fito acadado por Carballo na última convocatoria das Accións Marie Sklodowska-Curie e Cidadáns da UE.

O proxecto carballés, denominado TALK0 (Talento de quilómetro cero), logrou a máxima puntuación posible (15). Ademais, Carballo foi o único concello de toda Europa beneficiario desta liña de axudas.

Andrade anunciou que a nova edición do festival internacional Pint of Science será do 18 ao 20 de maio na cafetería do Pazo da Cultura, no bar Mercado e na cervexaría Marabú.

Tracking Pixel Contents