CERTAME
Coristanco convida aos escolares a imaxinar e homenaxear a Asunción Antelo
O Concello convocou un concurso artístico-literario para manter viva na memoria á Rexoubeira de Bergantiños

Asunción Antelo, a Rexoubeira de Bergantiños. / Cedida
O Concello de Coristanco vén de convocar o Certame Artístico-Literario Asunción Antelo, que neste 2026 acada a súa undécima edición, consolidándose como unha das iniciativas educativas máis importantes do municipio.

Cartel promocional do Certame Literario Asunción Antelo. / Cedida
O certame, dirixido a todo o alumnado dos centros educativos de Coristanco, desde Educación Infantil ata Formación Profesional, ten como principal obxectivo fomentar a creatividade e o uso da lingua galega ao mesmo tempo que se rende homenaxe a Asunción Antelo, coñecida como a Rexoubeira de Bergantiños, unha figura que rompeu barreiras co seu arte en madeira, pedra e barro e cos seus versos cheos de vida.
Premios
O concurso establece un premio por modalidade, categoría e centro, consistentes en libros e material didáctico por valor total de 1.000 euros.
Os traballos pódense presentar ata o vindeiro 6 de maio nos propios centros educativos. Posteriormente, o acto de entrega de premios celebrarase o 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, no salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples.
Crear e homenaxear
Dende o Concello animan ao alumnado a participar nesta iniciativa e poñer toda a súa ilusión en "crear, imaxinar e homenaxear a Asunción Antelo".
A iniciativa conta coa colaboración dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos CPI Alcalde Xosé Pichel, CEIP Canosa-Rus, CEIP Bormoio-Agualada e CRA A Tarandeira.
- Las nuevas conexiones nacionales de Lavacolla permitirán viajar a Italia por 30 euros
- Ghaleb Jaber Ibrahim, empresario e impulsor de la Fundación Araguaney, será el pregonero de las Festas do Apóstolo 2026
- Cambio de tiempo en Santiago: MeteoGalicia alerta de fuertes precipitaciones este lunes
- Piden cuatro años de prisión para un policía urbanístico de Santiago por falsificar el informe de una obra en Fontiñas
- El cementerio gallego que opta a ser el mejor camposanto de España: 'Una nueva forma de entender los espacios funerarios
- Borja Iglesias sorprende en la celebración del Mundial cantando un clásico del rap español
- Excarcelan a un hombre tras chocar su coche contra un camión aparcado en Santiago
- Santiago celebra en la Plaza Roxa el Mundial de España