Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ESPAÑA VACIADA

O alcalde da Laracha reivindica no Senado o papel do rural na creación de oportunidades e futuro

Centrou a súa intervención nas iniciativas municipais e súa acción de goberno

O alcalde da Laracha, á esquerda, no acto celebrado no Senado.

O alcalde da Laracha, á esquerda, no acto celebrado no Senado. / DAVID CORRAL

A Laracha

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, participou no acto conmemorativo do sétimo aniversario da Manifestación da España Vaciada, que tivo lugar no Senado.

No acto, dirixido polo xornalista Manuel Campo Vidal, interviñeron nove representantes de administracións e institucións doutras tantas provincias españolas.

López Varela centrou a súa intervención nas iniciativas municipais dirixidas a xerar oportunidades de desenvolvemento económico e na protección e posta en valor dos espazos naturais.

Tres piares

Defendeu unha acción de goberno baseada "en tres piares: pensar, planificar y actuar" e amosou o seu convencemento de que o desenvolvemento dun municipio "debe ser equilibrado".

O rexedor larachés defendeu que "o rural ten presente e ten futuro. E ese futuro pasa por xerar oportunidades, fixar poboación e ofrecerlles aos cidadáns emprego, bos servizos e calidade de vida".

Acompañamento doutras administracións

Afirmou ademais que "os concellos podemos liderar, innovar e xestionar, pero precisamos o acompañamento e o compromiso do resto das administracións. E tamén a iniciativa dos emprendedores para que ese desenvolvemento sexa realmente sostible e duradeiro".

Coidar o rural, engadiu, "non é só preservar o noso territorio: é garantir oportunidades, equilibrio e futuro para o conxunto do país e da súa poboación. E esa é unha tarefa que nos corresponde a todos”.

Tracking Pixel Contents