POLÍTICA MUNICIPAL
O BNG de Laxe critica os "catro anos de demora" na senda Santa Rosa-Soesto
Denuncia unha "longa cadea de atrasos, informes desfavorables e solicitudes de prórroga"

A senda conecta a praia de Soesto coa capital municipal de Laxe. / Turismo de Galicia
O BNG de Laxe denuncia unha "longa cadea de atrasos, informes desfavorables e solicitudes de prórroga que manteñen paralizado un proxecto clave para a mobilidade peonil e o desenvolvemento turístico: a senda Santa Rosa - Soesto".
Os nacionalistas aseguran que, segundo os documentos, o proxecto foi aprobado inicialmente en febreiro de 2022 cun investimento previsto de 86.478,55 € no POS+ Plan Único da Deputación da Coruña.
Desde entón, "o procedemento acumulou múltiples requirimentos de corrección, informes desfavorables e modificacións técnicas que atrasaron a súa tramitación durante máis de dous anos".
Sinalan que, malia tratarse dunha infraestrutura estratéxica que conecta o núcleo urbano coa praia de Soesto e forma parte do camiño do litoral e moi preto do Camiño dos Faros "o proxecto leva máis de catro anos sen executarse, malia contar con financiamento e autorizacións sectoriais".
Risco de perder financiamento
Un atraso que, segundo o BNG "xera preocupación sobre a capacidade de xestión municipal e o risco de perder financiamento público se os prazos continúan prorrogándose", a maiores de que cando sexa licitada o custo xa non será o mesmo.
Por iso, os nacionalistas reclaman "maior claridade" sobre o estado real do expediente, os motivos polos que non se avanzou na contratación e as garantías de que o proxecto non volverá sufrir novos atrasos.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Beatriz Romero, intérprete de signos de Rozalén, en Santiago: 'Cada vez más personas sordas se interesan por la música»