PATRIMONIO
Carballo axiliza a integración de Pedra Moura ao Parque do Megalitismo da Costa da Morte
O goberno local aprobou o proxecto de expropiación de 10.800 metros cadrados

Dolmen de Pedra Moura, en Aldemunde - Carballo / Turismo de Carballo
A Xunta de Goberno Local de Carballo aprobou de xeito definitivo o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos que rodean o xacemento arqueolóxico Pedra Moura de Aldemunde.
Esta medida permitirá ao Concello facerse coa titularidade de máis de 10.800 metros cadrados de solo protexido para garantir a súa conservación e posta en valor.
Aceptadas varias alegacións
O documento inclúe cambios significativos respecto á aprobación inicial. Tras o período de exposición pública, o equipo redactor aceptou as alegacións de varios propietarios que solicitaron a expropiación total das súas fincas en lugar dunha ocupación parcial, ao considerar que os terreos sobrantes resultarían antieconómicos ou inviábeis para manter o seu aproveitamento.
Iso supón que a área obxecto de protección medra desde os 7.241 m² iniciais ata os 10.856 m², e o orzamento total para as indemnizacións elévase a 41.491,63 €, incluíndo o correspondente premio de afección do 5%. O proceso afecta a cinco parcelas de solo rústico de especial protección patrimonial (SRPP).
Desestimouse unha cuarta alegación, que solicitaba o incremento do valor do solo pola presenza do dolmen, ao entender que a valoración debe realizarse conforme á normativa aplicable ao solo rural e que o propio xacemento arqueolóxico, como ben patrimonial, forma parte do dominio público.
Si se estimou, porén, a reclamación referida á titularidade da parcela, unha vez revisada a documentación achegada.
Convocados os afectados
Coa aprobación definitiva do expediente, declárase tamén a utilidade pública dos bens e dereitos afectados, así como a urxencia da súa ocupación. O Concello convoca ás persoas titulares afectadas o 21 de maio de 2026 para proceder, se é o caso, ao pagamento ou consignación das valoracións fixadas e ao levantamento das correspondentes actas de ocupación.
Con esta resolución, "Carballo cumpre coas previsións do Plan do Megalitismo da Costa da Morte, asegurando que un dos seus monumentos prehistóricos máis emblemáticos conte co espazo necesario para futuras intervencións arqueolóxicas e para o goce público", subliñan dende o goberno que preside Daniel Pérez.
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- Fallece el empresario Isaac Rosón Ferreiro, hermano de la socialista Mercedes Rosón y padre del director xeral de Pesca de la Xunta
- Los vecinos de Conxo alertan de que la senda entre Santiago y O Milladoiro incumple normas de Patrimonio
- Los vecinos de los okupas de Bertamiráns temen un efecto llamada: 'Estamos desesperados. No los queremos aquí
- Investigan la aparición de un cadáver en una acera de Boiro
- La Ascensión vuelve a cabalgar entre equinos, pulpo y tradición popular en Amio
- La ganadería de Trazo entre las diez de España con vacas más productivas: 'Cuidamos su descanso, el ordeño e intentamos tener la granja impoluta
- Problemas para el tráfico en Santiago: el túnel del Hórreo estará cerrado la próxima semana por la noche