URBANISMO
Carballo leva Xoane e Vilela á elite da arquitectura ibérica cos Premios FAD
O alcalde, Daniel Pérez, di que "é un orgullo" competir coas grandes capitais ibéricas

Praza do Pombal de San Miguel de Vilela, de Carballo. / Cedida
O Concello de Carballo volve ser protagonista no panorama arquitectónico internacional. Dous proxectos, o centro social de Xoane e a Praza do Pombal de San Miguel de Vilela, foron seleccionados para a 68ª edición dos Premios FAD (Fomento das Artes e do Deseño), os galardóns máis lonxevos e recoñecidos da península ibérica que distinguen a excelencia na arquitectura e o urbanismo.
Tras esta primeira selección, o xurado oficial fará pública a lista definitiva de finalistas entre o 15 de maio e o 1 de xuño, como paso previo á gran cerimonia de entrega de premios que terá lugar o 17 de xuño no Disseny Hub de Barcelona.

Centro Social de Xoane, en Carballo. / LUIS DIAZ DIAZ
"Que Carballo compita de ti a ti coas grandes capitais ibéricas nos Premios FAD é a proba de que a arquitectura de vangarda e a calidade urbana non teñen por que quedar nos centros das cidades. Para nós é un orgullo que proxectos en Xoane ou Vilela sexan hoxe un referente de como transformar as nosas parroquias en espazos máis amables, modernos e orgullosos da súa identidade", sinalou o alcalde, Daniel Pérez.
Arquitectura con alma en Xoane
Na categoría de Arquitectura, o xurado seleccionou o centro social de Goiáns, situado en Xoane, unha obra asinada polos arquitectos Miguel Fernández-Galiano Rodríguez e Laia Cervelló Sabaté. O proxecto destaca pola súa funcionalidade e pola creación dun espazo de encontro veciñal que combina modernidade e respecto polo entorno.
O traballo, que contou coa colaboración de especialistas en enxeñaría e deseño, logrou converter un servizo público, que, precisamente, será inaugurado o vindeiro 2 de maio, nunha peza arquitectónica de referencia.
Excelencia no espazo público en Vilela
Pola súa banda, na categoría de Cidade e Paisaxe, o proxecto seleccionado é a Praza do Pombal de San Miguel de Vilela, obra do recoñecido arquitecto Carlos Seoane González. Esta intervención supón unha recuperación exemplar do patrimonio e do espazo público arredor da igrexa parroquial, integrando o antigo pombal nun tecido urbano máis amable e accesible para a veciñanza.
Premio a un modelo de xestión
"O feito de que o Concello de Carballo figure como promotor nos proxectos seleccionados reafirma a nosa estratexia de transformar o municipio a través de intervencións que priorizan a calidade de vida, a estética e a sustentabilidade. E, ademais, as dúas obras foron executadas por empresas locais, unha mostra máis da calidade que distingue o sector da construción no noso concello", subliñan dende o goberno local.
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- La historia de cuatro profesores que llegan con plaza a las aulas gallegas: 'As ganas superan o medo
- Santiago y sus rincones secretos: ya puedes inscribirte en las visitas de la Semana del Patrimonio Invisible
- Muere a los 102 años 'la señora Trini', fundadora de Casa Mallou y un referente en Amio: «Es una noticia muy triste para el barrio»
- Galicia se enfrenta a una nueva jornada de calor extremo: la Xunta mantiene la alerta roja por temperaturas de 40 grados
- Regresa a Santiago la moda de los mercadillos de Viena con más de 800 prendas de segunda mano desde 1 euro