Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

OBRAS

Muxía recupera a Praza do Coído tras anos de deterioro

O obxectivo é mellorar un dos espazos públicos máis representantivos da vila

A Praza do Coído está a ser obxecto dunha mellora integral.

A Praza do Coído está a ser obxecto dunha mellora integral. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Muxía

O Concello de Muxía continúa cos traballos de mantemento e mellora da Praza do Coído, unha actuación que ten como obxectivo "recuperar un dos espazos públicos máis representativos do municipio e devolvelo á cidadanía en condicións óptimas", subliñan dende o goberno local.

Esta praza, engaden, "que durante anos presentou un notable estado de deterioro, con múltiples desperfectos e falta de mantemento, está a ser obxecto dunha intervención integral por parte dos operarios municipais".

Os traballos céntranse na reparación do firme, a eliminación de irregularidades e a posta en valor dun espazo que forma parte da vida cotiá do pobo como lugar de encontro e convivencia.

A tenente de alcalde, Sandra Vilela, e o edil José Luis Santiago, supervisando os traballos.

A tenente de alcalde, Sandra Vilela, e o edil José L. Santiago, supervisando os traballos. / C.

O concelleiro de Mantemento e Limpeza, José Luis Santiago, destacou que "esta actuación era unha prioridade, xa que falamos dun espazo moi utilizado pola veciñanza e que levaba demasiado tempo sen as condicións axeitadas. Estamos a traballar para garantir seguridade, accesibilidade e unha mellor imaxe para todos".

Pola súa banda, o alcalde, Javier Sar, subliñou que "a recuperación da Praza do Coído é un exemplo do compromiso deste goberno municipal coa mellora dos espazos públicos e coa calidade de vida da nosa xente. Queremos que cada recuncho do municipio sexa un lugar digno, coidado e pensado para o uso e disfrute da cidadanía".

Fortalecer a convivencia

O concelleiro de Mantemento e Limpeza, José Luis Santiago, e a tenente de alcalde, Sandra Vilela, visitaron a zona para supervisar de primeira man o desenvolvemento dos traballos, poñendo en valor o labor do persoal municipal encargado da súa execución.

O Concello reafirma a súa aposta pola conservación e mellora dos espazos públicos como eixo fundamental para fortalecer a convivencia e dinamizar a vida social do municipio.

Tracking Pixel Contents