POLÍTICA MUNICIPAL
Ángel Rodríguez asume o mando do PP en Padrón co obxectivo de acadar a Alcaldía en 2027
Foi aclamado como presidente local do partido nun congreso que xuntou máis de 500 persoas

Diego Calvo, Ángel Rodríguez e Paula Prado, en Padrón. / Cedida
O Partido Popular de Padrón elixiu por aclamación ao voceiro municipal e deputado autonómico, Ángel Rodríguez Conde, como novo presidente local para dirixir o partido na capital do Sar coa misión de seguir fortalecendo a estrutura orgánica e co obxectivo claro de recuperar a Alcaldía nas municipais de 2027.

Ángel Pérez estivo arroupado por Diego Calvo e Paula Prado, entre outros dirixentes.. / Cedida
O congreso local reuniu máis de 500 persoas entre afiliados, cargos do partido e convidados. Ángel Rodríguez comprometeuse a "traballar con proximidade e humildade para sacar adiante os proxectos estratéxicos que precisa Padrón", como o Plan Xeral de Ordenación Municipal ou unha residencia para persoas maiores, e para "acabar cunha forma de facer política na que sobran fotos, ego e soberbia e na que faltan logros importantes".
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, clausurou o congreso e sinalou como gran reto para 2027 en Padrón a recuperación da Alcaldía, con Ángel Rodríguez como "o mellor candidato e capitán" dun equipo ao que pediu que "intensifique os esforzos" para "devolverlle á veciñanza a ilusión e os proxectos que lles está arrebatando o goberno autoritario de Anxo Rei".
Unidade, ilusión e traballo
Pola súa banda, o presidente provincial do PP coruñés, Diego Calvo, agradeceu "o compromiso" de Ángel Rodríguez Conde ao dar un paso adiante para liderar o PP de Padrón, "unha decisión que significa asumir responsabilidades, aceptar retos, expoñerse e comprometerse cun proxecto colectivo".
Remarcou que é "un momento de unidade, de novas ilusións e de moito traballo para seguir facendo medrar o partido local cun claro obxectivo: recuperar a alcaldía". Neste senso, insistiu en que queda por diante "un traballo intenso, para escoitar e estar cerca dos veciños e veciñas, conformando un equipo forte e unido, e comprometido con mellorar o día a día do municipio".
- La orquesta que quiere devolver a las verbenas las canciones que marcaron a toda una generación
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Val do Dubra despide a la exconcejala Celsa Oreiro tras su fallecimiento y decreta dos días de luto
- Del sobrino de Pondal a una tía de Rajoy: el CSIC recupera la ciencia gallega depurada por el franquismo
- Cuando Galicia estuvo en el epicentro del debate nuclear: medio siglo de la autorización para una central en la costa de Lugo que nunca llegó a levantarse
- El primer parking subterráneo público de Ames, de pago, listo en O Milladoiro
- Netflix busca en Galicia figurantes para rodar el final de ‘Clanes’ cerca de Santiago: esta es la profesión muy arraigada que piden
- PP y Espazo Común critican la falta de transparencia en la apertura del aparcamiento municipal de pago en Milladoiro