Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SOLIDARIEDADE

Ames impulsa unha campaña de recollida de enseres de bebés para familias vulnerables

As doazóns poden realizarse nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro

Un dos puntos de entrega é a casa da cultura de Bertamiráns.

Un dos puntos de entrega é a casa da cultura de Bertamiráns. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ames

A Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina de Voluntariado de Ames, vén de lanzar unha nova campaña, neste caso para recoller enseres para bebés, como berces, carriños de paseo, tronas, cueiros e cadeiras infantís.

As persoas que desexen participar poden facer as súas doazóns nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.00 horas.

Cartel promocional da campaña de recollida de enseres para bebés en Ames.

Cartel promocional da campaña de recollida de enseres para bebés en Ames. / Cedida

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, explica que "esta campaña é moi necesaria neste momento porque detectamos que as familias vulnerables veñen solicitando material e enseres para bebés".

O obxectivo, engade, é poder crear un banco de préstamo "e alongar a vida útil destes enseres, que en moitas ocasións están en bo estado e poden ser usados por outras persoas". 

Reutilización dos enseres infantís

Ademais de darlle unha segunda e terceira vida a estes enseres, a iniciativa pretende tamén que a veciñanza tome conciencia do valor que teñen.

Cada usuario comprometerase ao seu coidado e a súa devolución, unha vez deixe de usar ditos enseres, para poder entregarllos a outras persoas que o precisen.

Para dispor de máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 662 377 044.

Tracking Pixel Contents