XACOBEO
Miles de persoas descobren en Inglaterra os atractivos do Camiño Inglés e a ruta Fisterra-Muxía
A Deputación da Coruña celebrou en Reading o evento 'Walk the Spanish Way - Primavera no Camiño'

Representantes da Xunta, Deputación e do Camiño Inglés e Fisterra-Muxía en Reading. / D. C.
A Deputación da Coruña celebrou esta fin de semana en Reading (Inglaterra) o evento Walk the Spanish Way – Primavera no Camiño, unha acción de promoción internacional do Camiño Inglés e do Camiño Fisterra-Muxía que reuniu a miles de persoas ao longo da xornada.

O evento celebrado en Reading xuntou miles de persoas. / Deputación Coruña
A feira, desenvolvida en Broad Street, espertou un notable interese entre o público británico, que se achegou aos distintos espazos para coñecer de primeira man os atractivos culturais, paisaxísticos e gastronómicos de Galicia e das rutas xacobeas. A música tradicional galega, os contidos audiovisuais e o showcooking do cociñeiro galego André Arzúa contribuíron a crear unha experiencia completa arredor do Camiño.
Interese crecente
No evento participaron o deputado provincial Antonio Leira, e o seu homólogo Bernardo Fernández Piñeiro, presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, quenes destacaron a boa acollida da iniciativa e o interese crecente do mercado británico por estas rutas.
Antonio Leira subliñou que "a resposta do público en Reading confirma que o traballo de promoción que levamos anos desenvolvendo no Reino Unido está a dar resultados, cun incremento constante de peregrinos británicos no Camiño Inglés".

Expositor informativo da Deputación da Coruña en Reading. / D. C.
Pola súa banda, Bernardo Fernández salientou "a importancia de seguir reforzando a presenza internacional dunha ruta cun forte vínculo histórico co Reino Unido e cun perfil de visitante moi interesado na cultura, a historia e a identidade do territorio”.
Estas accións desenvólvense en colaboración coa Xunta de Galicia e outras entidades, no marco da estratexia promocional do Xacobeo 2027, e teñen como obxectivo consolidar o posicionamento internacional do Camiño Inglés nun dos seus principais mercados emisores.
Nova mouteira en Southampton
A programación promocional continuará mañá luns coa inauguración dunha nova mouteira do Camiño Inglés na cidade de Southampton, situada no entorno da igrexa de Holyrood.
Este novo fito sinaliza o final do trazado do St James’ Way en territorio británico e a súa conexión con Galicia, reforzando o papel de Southampton como un dos principais portos históricos de saída de peregrinos cara a Santiago de Compostela e como porta de entrada internacional ao Camiño.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- Contra el abandono del monte, cachenas: «Gestionan la vegetación para evitar que el incendio sea tan virulento»
- El Río Breogán vence al Monbus Obradoiro y se enfrentará al Leyma Coruña en la final de la Copa Galicia
- Así es el asombroso pazo a 20 minutos de Santiago en el que se rodó 'Las hijas de la criada', la serie que ya arrasa con su estreno en Antena 3
- Fallece una mujer tras ser evacuada por una indisposición en el Monte Pindo, en Carnota