EMIGRACIÓN
Porto do Son e Corcubión manteñen viva en Arxentina a memoria da Galicia emigrante
A conselleira de Política Social, Fabiola García, reuniuse en Bos Aires cos representantes da diáspora

A conselleira con representantes da ABC de Corcubión en Buenos Aires. / X. G.
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou o valor dos centros da colectividade galega, porque "son punto de encontro de todos os que viven na diáspora, representan a unión con Galicia, fortalecen os lazos coa nosa comunidade e velan sempre polo benestar de todos os galegos no exterior".
Fíxoo durante a súa visita a Bos Aires (Arxentina), onde visitou o Centro Galego de Avellaneda e reuniuse con membros da Asociación Civil Galega Fillos do Concello do Porto do Son e da Asociación Benéfica Cultural Corcubión.
Colectividade de O Porto do Son
Na reunión coa colectividade de O Porto do Son, na que estivo acompañada polo delegado da Xunta neste país, Alejandro López, a conselleira puxo en valor os avances acadados nos últimos anos por este municipio, ata converterse "nun referente turístico polas súas paisaxes e patrimonio natural, así como nun claro exemplo da Galicia Calidade que sempre defendemos e da Galicia aberta que ofrece novas oportunidades de futuro".
Durante este encontro, conectouse vía streaming coa celebración da Xuntanza de Confraternidade das persoas maiores do concello. O alcalde da localidade sonense, José Luis Oujo, aproveitou esta conexión en directo para enviar un saúdo á colectividade galega.
Na Asociación Cultural Benéfica de Corcubión
Fabiola García tamén mantivo un encontro cos integrantes da Asociación Cultural Benéfica de Corcubión, coincidindo co tradicional cocido que todos os primeiros de maio organiza esta entidade.
Alí destacou o feito de que, a pesar do tempo transcorrido e da distancia, grazas aos esforzos desta agrupación "mantéñense vivas as raíces, creando comunidade e restablecendo os vínculos cos que están lonxe".

A conselleira compartiu o tradicional cocido cos membros da ABC de Corcubión. / X. G.
Esta entidade benéfica fundouse hai máis dun século, no ano 1922, para recibir aos emigrantes que chegaban á Arxentina e promover a cultura e os valores de Galicia. Na actualidade conta con preto de 700 socios, a maioría deles galegos, e entre as actividades que realizan están as escolas de baile, danza, canto, percusión e gaita. Tamén ten un equipo de fútbol sala.
A conselleira manifestou que as comunidades galegas no exterior "son fundamentais para manter viva a nosa cultura, os nosos valores e o esforzo de moitas xeracións". Ao respecto, asegurou que sen o seu traballo "Galicia non podería ser nunca o que é”, engadindo que “sempre terá as súas portas abertas porque nunca deixou de ser o voso fogar".
Almorzo-coloquio en Avellaneda
No Centro Galego de Avellaneda, Fabiola García participou nun almorzo-coloquio no que dixo sentirse orgullosa de exercer como madriña dos premios Barca de Sálvora, que a entidade entrega cada ano desde 2019 a mulleres destacadas da colectividade galega na Arxentina.
Neste sentido, destacou a importancia destes galardóns como "recoñecemento ás mulleres da emigración, que foron claves tanto para manter a identidade galega no exterior como para dar visibilidade ao papel feminino na diáspora".
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- La historia de cuatro profesores que llegan con plaza a las aulas gallegas: 'As ganas superan o medo
- Santiago y sus rincones secretos: ya puedes inscribirte en las visitas de la Semana del Patrimonio Invisible
- Muere a los 102 años 'la señora Trini', fundadora de Casa Mallou y un referente en Amio: «Es una noticia muy triste para el barrio»
- Galicia se enfrenta a una nueva jornada de calor extremo: la Xunta mantiene la alerta roja por temperaturas de 40 grados
- Regresa a Santiago la moda de los mercadillos de Viena con más de 800 prendas de segunda mano desde 1 euro