CULTURA
Cinema, reflexión e convivencia para a mocidade en Ames
A cita é ás 19.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns

A actividade terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. / Cedida
O proxecto xuvenil Distrito 13 17 de Ames organiza o vindeiro sábado, 9 de maio, a sesión Cinemanía. A actividade, que ten un carácter lúdico, arrancará ás 19.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484.

Cartel promocional de Cinemanía. / Cedida
Os rapaces e rapazas participantes visionarán unha película e posteriormente desenvolverán dinámicas de reflexión e distensión arredor do filme. Poderán gozar dun espazo tranquilo no que ver, comentar e compartir impresións, combinando momentos de pensamento crítico con outros máis relaxados. Todo, arredor do cinema.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do código QR da cartelaría antes do xoves previo á actividade. Cabe destacar que cada actividade é independente das demais, polo que anotarse nunha non é vinculante co resto. Para calquera dúbida, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484.
Máis actividades en maio
A seguinte quedada do mes, será o sábado 23 de maio, cunha FoliQuedada na que haberá xogos, retos e moita música para gozar en equipo, perder a vergoña e pasalo en grande. Ademais, este mes o Distrito 13 17 organizará unha convivencia para toda a mocidade, que terá lugar en xuño, os días 19 e 20.
No formulario de inscrición haberá un apartado para facer chegar o interese en participar, e así poder organizar a saída. Antes da actividade realizarase unha reunión informativa para explicar todos os detalles e resolver dúbidas.
- El pueblo medieval de Galicia que se convierte en la capital del arte: 25 espectáculos desde el viernes para reír, emocionarse y vibrar
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- Cierra una de las cafeterías más queridas de Bertamiráns: 'Nunca pensamos que chegaría este día
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago
- De una punta a otra de España en tiempo récord: tres radares de Tráfico cazan al mismo conductor en Galicia, Zamora y Jaén más de 200 kilómetros por hora
- Susto por un incendio en el límite de Brión, Ames y Teo que se acercó a una aldea: 'Estuvo a unos 300 metros de las casas
- Air Nostrum recupera este verano una de las conexiones más singulares para Santiago
- Alquilar junto al mar en Galicia: de los 622 euros de Narón a los 1.352 de Sanxenxo