ACTIVIDADES
Muxía amplía a programación deportiva de verán con máis prazas para a mocidade
O alcalde asegura que o Concello aposta polo benestar dos seus veciños

Sandra Vilela e Javier Sar presentando a programación deportiva. / Cedida
O Concello de Muxía presenta a súa programación deportiva para o verán, cunha clara aposta por ampliar a oferta e facilitar o acceso á práctica deportiva entre a mocidade do municipio.
Entre as principais novidades deste ano destaca o aumento do tempo do curso de natación en augas abertas, que pasa de ter unha duración dun mes a dous meses, permitindo así unha formación máis completa e progresiva para os participantes.

Cartel promocional das actividades programadas polo Concello de Muxía. / Cedida
Do mesmo xeito, increméntanse de maneira significativa as prazas en varias das actividades con maior demanda. O curso de deportes de aventura en Manzaneda duplica a súa capacidade, pasando de 25 a 50 prazas, igual que a saída ao Galipark, que aumenta de 20 a 40 prazas. Este reforzo responde á alta participación rexistrada en edicións anteriores.
A programación complétase con outras propostas xa consolidadas como o campus multideportivo e medioambiental, o curso de surf na praia de Nemiña, o curso de natación en augas abertas na praia da Cruz, a saída ao Aquapark de Cerceda ou a tradicional carreira pedestre, entre outras iniciativas dirixidas a diferentes franxas de idade.
Compromiso co benestar
O alcalde, Javier Sar, destacou que "esta programación é unha mostra do compromiso do Concello co deporte base e co benestar dos nosos veciños e veciñas, especialmente dos máis novos”.
Pola súa banda, a concelleira de Deportes, Sandra Vilela, subliñou que "decidimos aumentar o número de prazas nas actividades máis demandadas porque non queremos que ningún neno ou nena quede fóra e que poidan ter unha oferta o máis completa posible".
Inscricións abertas
Toda a información detallada sobre datas, horarios, destinatarios e inscricións pode consultarse no cartel oficial da programación, e a maioría das inscricións están abertas no ximnasio municipal dentro dos prazos establecidos.
O Concello anima a todas as familias a participar nesta programación "pensada para fomentar hábitos saudables, o contacto coa natureza e a convivencia durante os meses de verán", sinalan.
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Así será el nuevo edificio que transformará esta zona de Santiago: 18 viviendas, locales comerciales y una fachada acristalada
- El 40% de las comunidades de vecinos gallegas registró solicitudes para prohibir los pisos turísticos
- El arzobispo de Santiago nombra a Roberto Martínez Díaz nuevo rector del Seminario Menor
- Media Galicia en alerta roja por calor mientras en este rincón sacan el paraguas: van más de 14 litros de lluvia acumulada este sábado
- Muere Manuel Lata Montoiro, fundador de la distribuidora industrial Comercial M. Lata de Santiago
- Últimas semanas para disfrutar de este parque acuático a dos horas de Santiago: 17 toboganes y una piscina panorámica para escapar del calor
- Las colas para entrar a la Catedral de Santiago llegan hasta el Casino: "Llevamos dos horas esperando"