ACTIVIDADES
Ames mira cara ao lobo para desmontar mitos e achegarse á súa realidade
A Aula da Natureza promove unha saída ornitolóxica, obradoiros e relatorios

A maioría das actividades terán lugar na Aula da Natureza. / Cedida
A Aula da Natureza de Ames dálle a benvida ao mes de maio con catro actividades novas, logo da boa acollida da programación de abril. A veciñanza amesá poderá gozar de novas saídas, obradoiros e relatorios arredor do medio natural, onde o lobo tomará protagonismo.
Catro actividades serán as que conformen o cartel deste mes, entre as que se atopan a saída ornitolóxica coa SEOBirdLife, as xornadas orientativas O lobo. Patrimonio e lenda e os obradoiro, Pintando natureza e Horta sostible.

Carte da programación na Aula da Natureza en maio. / Cedida
O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, destaca que as xornadas sobre o lobo "están dirixidas a todos os públicos, pero fundamentalmente á veciñanza do rural que é a que ten que convivir con este animal diariamente”.
Darase a coñecer o lobo, engade, "e desmentiranse falsos mitos sobre este animal salvaxe. Quérese poñer de manifesto que forma parte do noso patrimonio e tamén falar das lendas que hai ao seu arredor. É importante que a veciñanza coñeza máis sobre o comportamento deste animal".
Saída ornitolóxica e obradoiros
A programación comezará o vindeiro sábado, 9 de maio, de 10.30 a 14.00 horas, coa saída ornitolóxica da man de SEOBirdLife, a Sociedade Española de Ornitoloxía. A excursión comezará na praza do Concello, en Bertamiráns, e está dirixida a todos os públicos. Para poder participar é preciso inscribirse, xa que as prazas están limitadas a 35. Os menores deberán estar acompañados por unha persoa adulta.
Outra das actividades é o obradoiro Nocións básicas de pintura da paisaxe ao natural, o sábado 23, de 11.00 a 14.00 horas. Dirixido ao público adulto, a actividade será impartida na Aula da Natureza para un total de 30 persoas. Pechará o mes o obradoiro Horta sostible, os sábados 30 de maio e 6 de xuño, en horario de 11.00 a 14.00. Para esta actividade tamén haberá un límite de 30 prazas e está dirixida a persoas adultas.
Xornadas lobeiras
O centro da programación xirará arredor das xornadas O lobo. Patrimonio e lenda, o sábado 16 e domingo 17.
O lobo ibérico, o maior membro en liberdade pertencente á familia dos cánidos, é tamén o gran depredador salvaxe de Galicia, polo que arrastra numerosos mitos e falsas crenzas arredor da súa concepción popular.
Esta actividade servirá de guía para afondar na historia e natureza dun animal tan presente na vida rural do país. Nos próximos días darase a coñecer a programación específica destas xornadas.
Servizo de autobús
Todas as actividades contarán con servizo de autobús. En todas as actividades terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Ames. Para inscribirse nas actividades da Aula da Natureza, é preciso enviar a ficha de inscrición, que se pode descargar na seguinte ligazón, ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.
Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65 ou enviar un correo electrónico ao enderezo da Aula da Natureza.
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- La orquesta que quiere devolver a las verbenas las canciones que marcaron a toda una generación
- Cuando Galicia estuvo en el epicentro del debate nuclear: medio siglo de la autorización para una central en la costa de Lugo que nunca llegó a levantarse
- Las fiestas del Cruceiro da Coruña en Santiago ya tienen fecha: cuatro días de verbenas, pasacalles y tradición
- Ignacio Sánchez, nuevo elector gracias a la ley de nietos: «Mi familia se tuvo que ir por cuestiones políticas y yo voy a votar, quiero ejercer ese derecho»
- Aviso a los conductores de Santiago: el corte de dos calles complica los accesos al CHUS este fin de semana