Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ASTROTURISMO

A Costa da Morte quenta motores para a eclipse do 12 de agosto

Caión e Fisterra acollerán senllas xornadas informativas guiadas por expertos

Posta de sol no cabo Touriñán, en Muxía

Posta de sol no cabo Touriñán, en Muxía / Visita Costa da Morte

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Fisterra

A Costa da Morte prepara unha dobre cita para divulgar e informar sobre a eclipse do 12 de agosto en Caión (A Laracha) e Fisterra.

O auditorio do Centro Sociocomunitario de Caión acollerá o martes, día 12 de maio, unha xornada de divulgación coordinada pola CMAT – Costa da Morte Asociación Turística e impulsada pola Axencia Turismo de Galicia, coa participación do Clúster Turismo de Galicia e a Asociación de Astroturismo Costa da Morte.

Antonio Pazos e Begoña Bravo, monitores Starlight da empresa Corvus Maris, serán os encargados de desenvolver a acción divulgativa, deseñada para que o sector turístico e a prensa local conten con toda a información práctica posible en relación con este fenómeno astronómico, de maneira que poidan trasladala con rigor aos visitantes.

Teoría e práctica

O programa combinará contidos teóricos e prácticos ao longo da mañá. Haberá unha charla-coloquio sobre astronomía básica centrada na observación segura dunha eclipse, e unha sesión específica centrada na fotografía do fenómeno.

Participarán Fernando Rey Daluz, experto en formación audiovisual e divulgación científica certificado pola Fundación Starlight, quen impartirá unha sesión especializada e dirixirá unha práctica de fotografía da eclipse e observación solar, incluíndo un simulacro do fenómeno.

A xornada completarase cunha presentación institucional e espazos de intercambio orientados a resolver dúbidas e compartir coñecemento entre profesionais. A participación é gratuíta, pero o aforo é limitado a 50 persoas, polo que é preciso realizar inscrición previa: htps://forms.gle/Xuc6YwYbifeUURHu7.

A iniciativa busca dotar de ferramentas útiles ao sector e reforzar o posicionamento da Costa da Morte como destino Starlight e referente no ámbito do astroturismo en Galicia.

Óscar Blanco en Fisterra

Pola súa banda, a Asociación de Astroturismo da Costa da Morte e o Concello de Fisterra, organizarán a xornada Eclipse na Fin do Mundo o xoves 28 de maio.

Exercerá como relator Óscar Blanco, director do Centro Astronómico de Trevinca, presidente da Agrupación Astronómica Coruñesa IO, astrofotógrafo, monitor Starlight, divulgador astronómico e cazador de eclipses. Un divulgador astronómico con máis de 25 anos de experiencia na maleta.

A iniciativa inclúe dúas sesións, unha dirixida ao sector turístico do concello e outra para o público xeral no salón de actos do concello de Fisterra. Non é necesario inscribirse.

Tracking Pixel Contents