TEATRO
'ICTUS (anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)' pecha o Ames Cultural
Haberá dúas funcións, os días 8 e 9 de maio, na Casa da Cultura de Bertamiráns

Chévere trae a Ames 'ICTUS (anatomía de “A derradeira leición” de Castelao)'. / Chévere
A programación do Ames Cultural remata esta fin de semana, o 8 e 9 de maio, coa obra ICTUS (anatomía de 'A derradeira leición´e Castelao), ambos días ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns.
Esta representación do Grupo Chévere forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.
Ao remate da función do venres haberá un coloquio co elenco. As entradas están esgotadas, pero no caso de liberárense ocos, estarán dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Cartel promocional da función 'Ictus'. / Cedida
ICTUS é o novo proxecto de Chévere en co-produción co Centro Dramático Nacional. Unha obra sobre a memoria, sobre a relación que existe entre a boa memoria e a boa democracia e sobre os traumas sen resolver coa memoria histórica.
Unha representación que usa como fío condutor o cadro titulado A derradeira leición do mestre, que é a derradeira pintura que Castelao asina no exilio, cando xa estaba case cego.
A obra é unha viaxe inversa no tempo, acompañando o cadro dende o acto de recibimento que lle organiza o goberno galego no 2018, ata a súa primeira presentación pública no Centro Ourensán de Bos Aires o 17 de agosto de 1945. Unha viaxe escénica que invita a entender como se constrúen (e como se disputan) as narrativas da memoria.
Chévere argalla un dispositivo documental no que se cruzan as voces de numerosas testemuñas para dialogar coa historia persoal dunha muller que sofre alteracións da memoria por un dano cerebral adquirido, causado por un ictus que lle dá durante dito acto de recepción do cadro de Castelao na Cidade da Cultura, no ano 2018.
Intérpretes de lingua de signos e audiodescrición
Esta obra contará con intérpretes de lingua de signos (LSE) en escena para as persoas xordas signantes, e con audiodescrición en directo integrada na narrativa da obra, para persoas con discapacidade visual.
Ames Cultural
Con esta obra do Grupo Chévere finaliza a programación do Ames Cultural, desenvolvida polo departamento de Cultura.
Durante o primeiro semestre de 2026, Ames gozou de 12 representacións de teatro, teatro infantil, danza contemporánea e novo circo nas Casas da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro.
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena