Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PATRIMONIO SUBACUÁTICO

Unha intervención subacuática tratará de revelar a historia dun pecio en Corme

Os labores desenvolveranse mañá aproveitando que as mareas retiraron a area que o cubría

Restos de madeira do pecio que quedou ao descuberto na praia de Arnela, en Corme.

Restos de madeira do pecio que quedou ao descuberto na praia de Arnela, en Corme. / X. G.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ponteceso

A Xunta de Galicia porá en marcha unha campaña subacuática para investigar os restos dunha embarcación localizada en Corme, (Ponteceso). Trátase dunha actuación arqueolóxica que se levará a cabo ao longo da xornada de mañá.

Así, está previsto que a intervención, promovida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración co Grupo operativo de actividades subacuáticas da Unidade da Policía Nacional Adscrita á Galicia, dependente da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, comece ás 8.00 horas na praia da Arnela, onde se levará a cabo o levantamento mediante fotogrametría 3D da área de actuación.

Restos das madeiras do pecio na praia da Arnela, de Corme.

Restos das madeiras do pecio na praia da Arnela, de Corme. / X. G.

Os técnicos tratarán de realizar o debuxo arqueolóxico das estruturas, ao tempo que se toman mostras da madeira do pecio e se fan vídeos e fotografías aéreas do sitio.

O Goberno galego aproveita a situación idónea destes días nos que as mareas retiraron a area que cubría este elemento, para actuar sobre el coa intención de determinar a que época pertence, coa colaboración da Asociación Cultural Ínsua da Viastela. Neste sentido, cómpre destacar que se trata dunha área na que tamén hai constancia da existencia de varios canóns de ferro.

Apuntan a unha fragata afundida en 1793

En setembro de 2024, a Asociación Cultural Ínsua da Viastela, de Corme, solicitou a colaboración da Factoría Marítima Albaola, de Pasaia, en Gipuzkoa, para identificar o pecio da Arnela, localizado fronte ao porto cormelán. Os expertos cren que podería tratarse dos restos da fragata Nuestra Señora de los Placeres, que afundiu o 8 de decembro de 1793.

Outro pecio no porto de Corcubión

Por outro lado, o proxecto contempla tamén unha intervención similar nun pecio localizado no porto de Corcubión, que se desenvolverá cando a zona o permita, xa que, neste caso, debido ao sedimento de area acumulado non é posible a documentación do mesmo.

O operativo responde ao Plan de actuacións arqueolóxicas que desenvolve a Xunta de Galicia para pór en valor a riqueza patrimonial do territorio, e que inclúe o estudo e documentación dos pecios que se atopan na costa galega.

Tracking Pixel Contents