RESOLUCIÓN
A Xunta dá luz verde ambiental ao parque eólico Carboal de Dumbría
O proxecto de EDP Renovables España contempla instalar dous aeroxeradores

Aeroxeradores dun parque eólico galego. / ECG
A Xunta ditou declaración de impacto ambiental (DIA) favorable para o proxecto do parque eólico Carboal, no concello de Dumbría, condicionada, en todo caso, a que se cumpran tanto o recollido no estudo de impacto ambiental e no resto da documentación avaliada como os condicionantes e o programa de vixilancia que figuran ao longo do propio documento.
Así consta na resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia que conclúe que, tendo en conta todo o anterior, esta iniciativa empresarial, promovida pola sociedade EDP Renovables España, SLU, é ambientalmente viable.
18 organismos consultados
Cómpre lembrar que a DIA foi elaborada no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria do proxecto, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a participación pública, cun resultado de 18 organismos públicos e entidades consultados e a presentación de varias alegacións.
Froito das consultas realizadas, os informes emitidos recolleron a valoración correspondente, establecendo unha serie de condicionantes que se engaden aos incluídos no propio programa de vixilancia ambiental que figura na resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.
Non se contemplan impactos significativos
Neste sentido, os organismos consultados consideran que non é previsible que o proxecto poida causar impactos ambientais significativos nos distintos eidos analizados e que, por tanto, sería viable a súa posta en marcha sempre que se cumpran certas condicións establecidas nos seus respectivos informes con relación a aspectos tales como a protección da atmosfera, das augas e leitos fluviais, do solo e as infraestruturas, da fauna, a vexetación e os hábitats naturais, a xestión de residuos e a integración e restauración paisaxísticas.
Unha vez emitida esta declaración, que non exime ao promotor da obriga de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente esixibles para poder desenvolver o proxecto, remitiuse a resolución ao órgano substantivo —a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático— e dáselle publicidade mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e a través da páxina web da Consellería.
Unha potencia total de 14,4 MW
O proxecto está promovido por EDP Renovables España e ten por obxecto na instalación e explotación dun parque eólico de 14,4 megavatios (MW) de potencia total, constituído por dous aeroxeradores de 7,2 MW de potencia nominal unitaria e a súa infraestrutura asociada, que inclúe vieiros de acceso e servizo (algúns de nova creación e outros existentes pero que haberá que acondicionar), e gabias para o sistema de cables.
Ademais, a evacuación da enerxía producida realizarase a través da rede de cables interno que discorrerá soterrada dende cada aeroxerador ata a subestación eléctrica transformadora SET Paxareiras II.
A superficie de ocupación por parte das plataformas dos dous aeroxeradores será duns 14.677 m2 aproximadamente fronte aos 82.219 m2 que ocuparán os distintos elementos que conforman o conxunto da instalación.
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto