Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

XACOBEO 2027

A Xunta move ficha para facer máis seguro o Camiño de Fisterra-Muxía

O obxectivo é afastar aos peregrinos das zonas perigosas de circulación

Peregrinos no cabo Fisterra.

Peregrinos no cabo Fisterra. / Xunta de Galicia

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Fisterra

A Xunta inicia a tramitación do seu proxecto de mellora da seguridade do trazado dos treitos comúns do Camiño de Fisterra-Muxía. Para isto, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de trámite de información pública desta actuación que beneficia aos concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Mazaricos, Muxía, Negreira e Santiago de Compostela.

Estas actuacións intégranse no plan de seguridade de mellora do Camiño de Santiago no que a Xunta está a investir 40M€ e que prevé actuacións co horizonte posto no Xacobeo 2027.

En concreto, actuarase en máis de 150 quilómetros de 80 concellos dos nove itinerarios do Camiño de Santiago para afastar aos peregrinos das zonas perigosas de circulación.

Aberto o prazo de alegacións

A través desta publicación, ábrese oficialmente o prazo para que as persoas propietarias afectadas presenten as alegacións oportunas, relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas. A publicación recolle a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

Deste modo, as persoas afectadas poderán achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou oporse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Para isto, contarán con 30 días hábiles desde o día seguinte á publicación no DOG do anuncio, isto é, a partir de mañá, 6 de maio.

Peregrinación á fin do mundo

O Camiño de Fisterra e Muxía discorre entre Santiago de Compostela e o cabo Fisterra, que ata a Idade Media era considerado a fin do mundo, e o santuario da Virxe da Barca de Muxía.

Un total de 2.382 persoas percorreron esta ruta en 2025, segundo os datos da Oficina de Acollida ao Peregrino. Isto supón un incremento do 6% respecto ao ano anterior. Do total, o 59% era poboación española. No que vai de ano, seguiron esta ruta preto de 300 persoas.

Tracking Pixel Contents