Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

RESIDENCIA ARTÍSTICA

Hugo Torres convida en Vimianzo a unha viaxe escénica pola memoria familiar

Presenta o xoves o espectáculo 'BLACK VOX' coproducido polo Centro Dramático Galego

Hugo Torres no Auditorio de Vimianzo onde prepara o novo espectáculo.

Hugo Torres no Auditorio de Vimianzo onde prepara o novo espectáculo. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vimianzo

O Auditorio de Vimianzo acolle esta semana a residencia artística do espectáculo BLACK BOX. Unha saga familiar, unha proposta escénica creada por Hugo Torres en coprodución co Centro Dramático Galego e diversas entidades culturais de referencia.

Durante esta residencia, o equipo artístico traballará na investigación e no desenvolvemento escénico dunha peza que afonda na identidade a través da memoria familiar, combinando relato oral, creación contemporánea e unha mirada poética sobre o pasado colectivo.

Pase aberto ao público

Como parte deste proceso aberto á comunidade, ofrecerase un pase aberto ao público o xoves 7 de maio ás 11.00 horas no propio Auditorio de Vimianzo. Esta mostra permitirá ás persoas asistentes achegarse ao proceso creativo da obra e coñecer de primeira man o traballo en curso.

BLACK BOX. Unha saga familiar constrúe unha viaxe polas historias dos devanceiros do autor, mesturando realidade e ficción nun relato vivo, en constante transformación, que reivindica a tradición oral como ferramenta de memoria e celebración colectiva.

Achegar a creación ao territorio

O proxecto conta coa dirección, texto e dramaturxia de Hugo Torres —xunto a Gabriel Calderón—, co deseño de espazo e vestiario de Marta Pazos, a iluminación de Iván Núñez Casal e coa música orixinal do propio Torres.

Esta residencia forma parte do compromiso do Centro Dramático Galego e da compañía por achegar a creación escénica contemporánea ao territorio, fomentando o diálogo entre artistas e comunidade.

Tracking Pixel Contents