PRESENTACIÓN
Meigas, cachelas e tradición: así é o cartel do San Xoán de Carballo 2026
A obra de Isa Bermúdez é a primeira dunha nova aposta pola canteira de artistas locais

Daniel Pérez, esquerda, Sergio Varela, Isa Bermúdez e Maruxa Suárez co cartel do San Xoán. / Cedida
O San Xoán de Carballo 2026 xa ten cartel. Foi presentado nun acto que marca un cambio de rumbo na elección da imaxe oficial dos festexos. Este ano, a comisión de festas decidiu prescindir do concurso aberto para apostar directamente pola "incrible canteira" de artistas locais, e a encargada de abrir este novo camiño é Isa Bermúdez.

O alcalde, no centro, na presentación do cartel do San Xoán 2026 de Carballo. / Cedida
A concelleira de Festas, Maruxa Suárez, explicou que a decisión de poñer fin ao concurso foi tomada por unanimidade polos quince membros da comisión. "Tendo aquí o talento que temos, consideramos que era o momento de prescindir do concurso", sinalou. A concelleira amosou a súa total satisfacción co resultado e agradeceu a colaboración de Opticalia Enríquez, que segue a patrocinar o cartel.

Cartel promocional do San Xoán 2026 de Carballo. / Cedida
Pola súa banda, o presidente da comisión, Sergio Varela, destacou a calidade artística da obra e a súa capacidade para unificar todos os elementos da festa. "En anos anteriores resaltábase unha soa cousa, como unha sardiña ou unha meiga grande. O cartel de Isa envolve un montón de elementos e conxuga todo o que é o San Xoán", apuntou.
Unha "romaría de meigas e veciñas"
A autora do cartel, Isa Bermúdez, confesou que realizar esta obra era un dos seus soños e agradeceu que se apostara por dar "condicións de traballo dignas" aos artistas da vila.
O seu deseño está inspirado na infancia e na lenda do Monte Neme, concibindo o cartel como unha gran romaría. "Quixen recuperar a idea das meigas que se xuntaban para facer a súa gran cachela. É unha mestura de meigas, veciñas, nenos co caldeiro da auga, a banda de gaitas e elementos divertidos como unha sardiña a modo de dragón chinés", explicou a artista.
Bermúdez tamén quixo reivindicar a figura das mulleres tradicionalmente vistas como "bruxas", que no fondo eran mulleres con coñecementos sobre plantas e ritos que hoxe forman parte da tradición de todos os carballeses.
Un escaparate para o talento carballés
O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, felicitou tanto á artista como á comisión de festas polo acerto da decisión. "Este cartel engloba todo o bo e o bonito que ten o San Xoán: a felicidade, as herbas, os ritos... É unha maneira de visibilizar o grandísimo talento que temos aquí", afirmou o rexedor.
Con esta nova estratexia, o Concello de Carballo e a comisión de festas inician unha tradición na que, cada ano, artistas locais serán os encargados de poñerlle cara á imaxe do San Xoán, convertendo o cartel nunha peza de coleccionista e nun orgullo para a cidadanía.
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- Varios detenidos en una operación contra el narcotráfico en Muxía