Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MOBILIZACIÓN

A veciñanza da Laracha sairá á rúa contra a planta de biogás proxectada en Soandres

Convocada unha manifestación para o sábado, día 9, ás 12.00 horas

Reunión informativa celebrada no mosteiro de Soandres, na Laracha.

Reunión informativa celebrada no mosteiro de Soandres, na Laracha. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Laracha

A veciñanza da Laracha manifestarase o sábado, día 9, para amosar a súa preocupación e rexeitamento do proxecto da macroplanta de biogás na parroquia de Soandres, "a menos de 300 metros das casas e co río Anllóns como vertedoiro dos residuos líquidos que xerará esta instalación", afirman.

A manifestación partirá ás 12.00 horas da praza Les Sables d’Olonne e percorrerá varias rúas da Laracha ata rematar na praza do Concello, onde a Plataforma Stop Biogás A Laracha procederá a ler un manifesto.

Múltiples apoios

Este polémico proxecto, que está en fase de alegacións, conta xa co posicionamento en contra do propio Concello, dos grupos políticos, da Deputación da Coruña e dos concellos limítrofes que, xunto coa veciñanza, están preocupados polas consecuencias medioambientais dos vertidos de residuos líquidos ao río Anllóns, "en cantidade equivalente a 2.000 camións cisterna cada ano, polo impacto que iso tería nos hábitats do río e na propia poboación que capta auga do río para o seu consumo".

Charlas informativas

Outro dos puntos que máis preocupan é a contaminación do aire coa produción de cheiros perxudiciais para a saúde, tal como relataba o médico pneumólogo Evaristo Lombardero na charla informativa organizada pola plataforma, que tivo lugar no mosteiro de Soandres e na que, partindo de datos científicos e casos reais, "a veciñanza puido comprobar os danos deste tipo de de macroproxectos na saúde das persoas".

Ao día seguinte, o domingo 10 ás 12.00 horas no Casino de Carballo, a Plataforma Stop Biogás A Laracha organiza unha nova charla informativa con expertos, na que participarán Laura Barral, bióloga do CICA da UDC, Evaristo Domínguez do Instituto de Estudos Bergantiñáns e Vanessa Abeleira, enxeñeira civil.

Tracking Pixel Contents