Proxecto
O Concello de Carballo súmase á fronte contra a planta de biogás da Laracha
O alcalde anunciou que presentarán alegacións e apoiarán as mobilizacións

Membros da Plataforma Stop Biogás co alcalde e o concelleiro de Carballo. / Cedida
O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, e o concelleiro de Obras, Luis Lamas, mantiveron unha reunión cos representantes da plataforma contra a planta de biogás da Laracha, que quixeron trasladar ao concello a súa postura fronte a un proxecto que está a xerar unha fonda preocupación social e ambiental en todos os concellos da ribeira do Anllóns.
O rexedor confirmou que o Concello de Carballo tamén presentará alegacións contra a instalación. O goberno local considera que o proxecto, polas súas dimensións e localización, "podería ter un impacto negativo non só no termo municipal da Laracha, senón tamén no noso concello, afectando á calidade de vida e ao medio natural".
Moción no pleno
Ademais das accións administrativas, o grupo de goberno presentará unha moción no próximo pleno municipal co obxectivo de acadar o máximo consenso político e institucional fronte a esta ameaza.
O Concello de Carballo non só actuará a nivel institucional, senón que tamén se comprometeu a apoiar as convocatorias que realice a plataforma veciñal e a facilitar a participación cidadá, poñendo á disposición de toda a veciñanza un modelo de alegacións tipo para simplificar o proceso de presentación de reclamacións.
Por que preocupa a planta de biogás?
A planta proxectada basea a súa actividade na dixestión anaerobia, un proceso biolóxico mediante o cal microorganismos descompoñen materia orgánica (puríns, residuos industriais, restos de matadoiros) para producir metano.
Malia que a industria defende estas plantas como "enerxía verde", a oposición veciñal e técnica fundamenta o seu rexeitamento en varios puntos críticos, como os cheiros, a saturación do tráfico e o risco de contaminación da auga, o aire e os solos agrícolas.
Metais pesados
Segundo expertos consultados polo goberno municipal carballés, o proxecto previsto na Laracha "desvirtúa o obxectivo real dunha planta de biogás, porque destina unha parte mínima ao tratamento de puríns e case a totalidade da carga serían lodos de conserveiras, restos de matadoiros e residuos industriais, co conseguinte risco de presenza de metais pesados que os sistemas de depuración convencionais non poden eliminar con facilidade".
Esta situación, engaden, "agravaríase pola situación do río, que no verán ten un caudal moi baixo, polo que a concentración de contaminantes e metais sería máis alta e perigosa". Máis alá do impacto ambiental, os técnicos "alertan dun risco sanitario real".
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- El primer bar vikingo de Santiago abre con un barco a tamaño real como barra: 'Va a ser algo nuevo en la ciudad
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- A Merced de Conxo brilla entre tradición, música y baile para despedir las fiestas del verano en Santiago
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Un tobogán gigante, karts, un toro mecánico y más de 30 actividades gratis: la gran fiesta que llega a As Cancelas
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas