CAMPAÑA
Volve 'Eu Merco na Laracha' con 1.333 chequeiras de 30 euros para a veciñanza
O Concello pretende incentivar as compras no comercio local

Rocío López, izda., José M. López y Ana Carmen Jiménez, presentando la campaña. / Cedida
A cuarta edición do programa Eu Merco na Laracha dinamizará a economía local e incentivará o consumo de proximidade mediante descontos directos nas compras e servizos realizados nos negocios adheridos. Contará cunha partida municipal de 40.000 euros e permitirá repartir entre a veciñanza 1.333 chequeiras con 30 euros en bonos.
O alcalde, José Manuel López, destacou que "as anteriores edicións foron un éxito" e incidiu en que se trata dun programa "específico de apoio ao comercio local e á veciñanza", subliñando que o obxectivo principal é "impulsar o consumo a nivel local" a través dunha iniciativa financiada "con fondos propios e directos do orzamento municipal". Aproveitou tamén para "animar aos comercios e aos veciños a participar porque, a fin de contas, vainos beneficiar a todos".
Empadroados no municipio
As bases, que se publicarán nos próximos días no Boletín Oficial da Provincia (BOP), establecerán que poderán beneficiarse dos bonos todas as persoas maiores de 18 anos empadroadas no municipio.
A concelleira de Promoción Económica, Rocío López, explicou que cada chequeira estará formada por tres bonos de dez euros cada un, ata un total de 30 euros por persoa. O funcionamento será o mesmo das edicións anteriores: por cada 20 euros de compra poderase descontar un bono de 10 euros.
Prazos de inscrición
Pola súa banda, a axente de Emprego e Desenvolvemento Local, Ana Carmen Jiménez, detallou os principais prazos do programa. Tanto os establecementos como os veciños poderán formalizar a súa inscrición desde a publicación das bases no BOP ata o 22 de maio. Posteriormente, os bonos poderán recollerse e utilizarse entre o 2 e o 30 de xuño. En caso de haber máis solicitudes que chequeiras dispoñibles, serán outorgadas mediante un sorteo.
Toda a información relativa ao programa, así como os trámites de inscrición tanto para negocios como para particulares, poderá consultarse na páxina web https://eumerconalaracha.alaracha.gal.
- El Apóstol 2026 arranca este miércoles con 30 conciertos gratis en Santiago: horarios y cartel
- Asturias sigue la estela de Galicia y prohibirá la pesca deportiva del salmón en sus ríos en 2027 con excepción del 'campanu'
- El Monbus Obradoiro cierra un doble golpe en el mercado: ficha a Caleb Agada y Alonso Faure
- Borja Iglesias sorprende en la celebración del Mundial cantando un clásico del rap español
- El otro Mundial de Borja Iglesias: dos minutos, una confusión y el último saludo
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día
- Las nuevas conexiones nacionales de Lavacolla permitirán viajar a Italia por 30 euros
- Ghaleb Jaber Ibrahim, pregonero de las Fiestas del Apóstol 2026: 'Me hace mucha ilusión, soy un santiagués más