Milleiros de persoas protestan na Laracha contra o proxecto da planta de biogás
O deputado socialista Aitor Bouza advirte que, se se materializa, "o valor das terras caerá en picado"

Participantes na manifestación que tivo lugar este sábado na Laracha. / Cedida
Milleiros de persoas participaron este sábado na Laracha nunha manifestación convocada pola Plataforma Stop Biogás A Laracha contra o proxecto de instalación dunha planta de biogás en Soandres.
Os manifestantes iniciaron a marcha de protesta ao mediodía na Praza Lles Sabres d’Olonne, en dirección á Praza do Concello, e percorreron as rúas baixo lemas como Queremos aire puro, non futuro escuro e numerosas pancartas, incluso un ataúde coa mensaxe Morte de Soandres, escenificando o final do seu modo de vida se a macroplanta de biogás finalmente se fixera realidade.
Ao remate da marcha, diante do edificio do Concello en obras, un portavoz da plataforma convocante leu un manifesto no que deixou claro que “non estamos en contra das renovables, pero si deste modelo” e explicou todos os "perigos e danos" que a planta podería acarrear.
"Isto non remata aquí; é unha loita longa e non imos parar", dixo, xa que, tal como explicou, está o prazo de alegacións aberto ata o 26 de maio e pensan esgotar todas as vías.
Entre os asistentes estaban representantes dos tres partidos da Corporación municipal larachesa (PP, PSOE e BNG), e alcaldes e concelleiros doutros concellos.
Asistiu tamén o deputado autonómico do PSdeG Aitor Bouza, quen subliñou que "este proxecto afecta non só a Laracha, senón tamén aos concellos de Cerceda, Arteixo e Culleredo".
Estes catro concellos presentarán alegacións ao proxecto que está en tramitación, baseadas na protección do patrimonio, a posible afectación aos ríos Anllóns e Valiñas e aos cheiros e molestias que entenden xerará a actividade da planta de biogás.
"É un atentado contra estas terras rústicas, contra este chan rústico", lamentou o Bouza, que se preguntou "pola herdanza que van ter as novas xeracións se finalmente se instala esta infraestrutura".

Os manifestantes portaban pancartas con lemas contra o proxecto. / Cedida
"A partir do momento en que unha planta de biogás teña aquí, poña aquí o pé, estas terras caen en picado no seu valor", advertiu o socialista.
"É un atentado contra o medio ambiente e contra á forma de vida dos veciños da Laracha, que non van ver ningún beneficio con esta nova planta de biogás na súa contorna", engadiu.
Este domingo terá lugar ao mediodía unha charla informativa sobre este proxecto no Casino 1889 de Carballo, na que participarán Laura Barral, bióloga do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade da Coruña; Evaristo Domínguez, do Instituto de Estudos Bergantiñáns; e Vanessa Abeleira, enxeñeira civil.
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El Último de la Fila hizo historia en Santiago con una de las citas musicales más esperadas del año
- Crónica social compostelana | Reunión de cuatro generaciones de la familia Rúa
- Lalín ultima la Festa do Corpiño que traerá devoción y verbena el día 23 y 24
- Luis Zahera cierra por todo lo alto las fiestas de Fontiñas: 'Seguide sendo ben de barrio, que eso non se perda
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- Miguel Ángel Arca recibe un homenaje tras casi 30 años como bombero en Santiago
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas