Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Máis de 800 persoas participan na Xuntanza de Maiores de Cabana

Degustaron un menú a base de empanada, polbo, carne ao caldeiro, viño, refrescos e café, nun ambiente de celebración e reencontro

Asistentes á Xuntanza de Maiores celebrada este sábado en Cabana.

Asistentes á Xuntanza de Maiores celebrada este sábado en Cabana. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Cabana

A Xuntanza de Maiores de Cabana de Bergantiños reuniu este sábado preto de 800 asistentes no pavillón municipal para gozar dunha xornada de convivencia, homenaxe e lecer.

Ao encontro, que acadou a súa vixésimo quinta edición, estaban convidadas todas as persoas con máis de 65 anos ou que os vaian cumprir este ano. Puideron gozar dun xantar a base de empanada, polbo, carne ao caldeiro, viño, refrescos e café, nun ambiente de celebración e reencontro.

Ao evento tamén asistiu o alcalde de Cabana, José Muíño, quen ofreceu unha breve benvida institucional aos asistentes. Tras o xantar popular abríronse paso a música e o baile, co Dúo La Fábula amenizando a tarde como colofón festivo.

Desde o Concello de Cabana destacan “o valor deste tipo de encontros para as persoas maiores”, posto que ofrecen “unha xornada dedicada especialmente a elas” e que “homenaxean a traxectoria da nosa veciñanza máis veterá”.

Tracking Pixel Contents