Sigüeiro convértese no escaparate da artesanía de Galicia cunha feira na que participan trece obradoiros
A Feira Galega de Artesáns chegará tamén á Estrada, no marco da Festa do Salmón, e a Ribeira, na Festa da Dorna

Gabriel Alén, dereita, con Álex Doval, nun dos postos da Feira Galega de Artesáns, en Oroso. / Cedida
Redacción
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse este sábado ata a Feira Galega de Artesáns de Sigüeiro (Oroso), que se celebra coincidindo coa XVIII Festa da Troita, acompañado do alcalde, Álex Doval.
Na feira, que estará aberta ata este domingo en horario de 11.00 a 21.00 horas, participan 13 obradoiros inscritos no rexistro xeral de Artesanía de Galicia e especializados na marroquinería, na bixutería, na serigrafía, no téxtil e na manipulación de papel.
En concreto, trátase dos obradoiros Laura Gallardo (Santiago de Compostela), D Rositas (Rois), Casperlota (Paderne), Barro&Co (Vilarmaior), Chueco (A Coruña), Jerolas (Curtis), Azulgris (Ferrol), Dona Formiguiña (A Estrada), Art Design (Lugo), Como pez en el agua (Vigo), Liño e lá (Gondomar) e os obradoiros Silvereira e Joiasos, procedentes de Ames.
A Feira Galega de Artesáns está organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA) co apoio da Xunta a través da Fundación Artesanía de Galicia, e forma parte dun calendario de feiras de venda directa que se van desenvolver en diferentes localidades galegas ata o mes de setembro.
Esta colaboración realízase a través dun convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e AGA co obxectivo de impulsar a comercialización do produto artesán galego, consolidar a marca Artesanía de Galicia e dinamizar o comercio e o turismo en diferentes localidades.
Ata o mes de setembro deste ano está previsto celebrar 12 feiras de venda directa, protagonizadas exclusivamente por profesionais inscritos no rexistro xeral de Artesanía da Xunta de Artesanía de Galicia.
Ata o de agora xa se realizaron as feiras en Ferrol, Padrón, San Sadurniño e Ribadavia e están confirmadas xa as datas destas feiras na Estrada (o 17 de maio coincidindo coa Festa do Salmón), en Ribadeo (do 19 ao 21 de xuño), en Foz (do 3 ao 5 de xullo), en Ribeira (os días 20 e 21 de xullo, coincidindo coa Festa da Dorna) e en Ponteareas, os días 5 e 6 de setembro.
O obxectivo destes eventos é achegarlle o produto artesán galego á sociedade, consolidar a marca Artesanía de Galicia, contribuír á dinamización cultural, económica e turística de cada zona e ofrecerlle aos artesáns un espazo de venda directa de calidade en diferentes zonas de Galicia.
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas
- De Ames a Negreira, las alumnas que lideran las notas de la PAU de Galicia: «Sabía que la nota era buena... pero no tanto»
- Conxo rinde homenaje al histórico árbol plantado por Moncho Cascarilla con una estatua tras su polémica tala
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- El restaurante de Santiago que triunfa con sus cachopos: 'No tienen nada que envidiarle a los de Asturias
- Galicia se enfrenta a un episodio de calor extremo: alerta roja en Pontevedra y hasta 33 grados en Santiago
- Estuvo a punto de dejarlo y ahora este compostelano es campeón mundial de culturismo: 'La gente me dice que no sabe cómo soy capaz