O traspaso dunha licenza concedida hai dúas décadas permitirá construír 41 vivendas nun esqueleto inacabado en Ames
Inmogalicia Real Estate levará a cabo parte do proxecto de Proinsa tiña previsto executar en Ventosa

Edificacións que Proinsa deixou inacabadas en Ventosa e nas que ía construír 91 vivendas unifamiliares. / Cedida
El Correo Gallego
A Xunta de Goberno Local de Ames aprobou o cambio de titularidade dunha licenza de obra concedida en 2007 para a construción de 91 vivendas unifamiliares no sector S-02, Aspra do Vento, en Ventosa, a favor da entidade Inmogalicia Real Estate S.L.
Ademais, a entidade presentou a renuncia parcial á licenza, concretamente respecto da construción de 50 vivendas nas parcelas 1P a 45P, 53P a 60P, 12A1 e 12A2. Deste xeito, está previsto que dita entidade inmobiliaria constrúa en Ventosa un total de 41 vivendas.
Dende o departamento de Urbanismo do Concello estase traballando para a construción de nova vivenda por parte de promotores privados. Esta medida busca atraer investimento, dinamizar o solo urbano e fomentar unha oferta diversa e equilibrada de vivenda no termo municipal.
Dende o Goberno local sinalan que estas accións forman parte dunha estratexia integral para facilitar o acceso á vivenda e fomentar un urbanismo sostible, cohesionado e adaptado ás necesidades reais da veciñanza.
O concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, explica que “avanzamos na concesión de novas licenzas de obra para a construción de nova vivenda, tanto de carácter público como privado, coa finalidade de dar resposta á demanda da veciñanza e facilitar e abaratar o acceso á vivenda en Ames”.

As edificacións inacabadas están no sector S-02, Aspra do Vento, en Ventosa. / Cedida
Víctor Fernández engade “nesta ocasión acabamos de aprobar un cambio de titularidade dunha licenza de obra outorgada hai preto de 20 anos para a construción de 91 vivendas que non se chegou a desenvolver. Agora, unha nova entidade vai a construír 41 destas vivendas, o cal é unha boa nova para Ames, xa que vai permitir poñer a disposición da veciñanza vivenda nova, algo que é moi necesario neste momento”.
Cambio de titularidade da licenza
Cómpre lembrar que o pasado 20 de marzo de 2007 a Xunta de Goberno Local aprobou a concesión dunha licenza en favor de Proinsa, para a construción de 91 vivendas unifamiliares (80 pareadas e 11 illadas) no sector S-02, Aspra do Vento, en Ventosa. Finalmente, dita promoción de vivenda non se realizou.
O pasado 16 de febreiro, a entidade Inmogalicia Real Estate S.L. presentou unha solicitude para o cambio de titularidade da citada licencia ao seu favor, por transmisión das parcelas obxecto da licenza. Ademais, presentou renuncia parcial á licenza, concretamente respecto da construción das vivendas previstas nas parcelas 1P a 45P, 53P a 60P, 12A1 e 12A2 (50 vivendas).
Construcción de 41 vivendas
A través de dita actuación vanse a construír 30 vivendas de tipoloxía pareada e 11 vivendas de tipoloxía illada (41 vivendas) que na actualidade presentan diferentes graos de execución das obras e para as que se pretende o mantemento da licenza actual coa finalidade de concluír as obras de edificación conforme os proxectos xa presentados.
No resto das parcelas, que se corresponden cos números 1P a 45P, 53P a 60P, 12A1 e 12A2 (50 vivendas) non se comezaron as obras de edificación e preténdese presentar no futuro novos proxectos con tipoloxías diferentes ás que presentan os proxectos con licenza, polo que sobre devanditas parcelas solicitouse a renuncia parcial da licenza concedida.
- Reabre en Santiago una de las cafeterías más queridas del casco histórico: 'Volvemos con la misma ilusión y ganas
- Un compostelano idea una pasarela mirador bajo el viaducto del Miño con vistas privilegiadas de Ourense: 'Ojalá sea una realidad
- El aeropuerto de Santiago cambia Heathrow por Gatwick, pero mantendrá su vuelo diario con Londres este invierno
- Circula en dirección contraria esquivando coches en Santiago y desoye las advertencias de los viandantes: 'Quen eres ti pa mandar
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- Las Festas de San Paio marcan en A Estrada la temporada turística con Bustamante y la oficina de información en marcha
- La instalación de caños en las gárgolas del Hostal se planteó hace casi 600 años
- Avistan un ejemplar de la tortuga más grande del mundo en Fisterra