Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Vimianzo acollerá o 16 e 17 de abril de 2027 a terceira edición do Foro Alza voz de muller

Coa nova convocatoria, o encontro reafírmase como unha cita clave para o impulso do talento feminino e a creación de redes entre profesionais

Participantes na segunda edición do foro Alza voz de muller.

Participantes na segunda edición do foro Alza voz de muller. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vimianzo

Vimianzo volveu converterse esta fin de semana nun referente co Foro de Liderado Feminino no Rural Alza voz de muller, que se celebrou na casa da cultura.

Durante dúas intensas xornadas, venres e sábado, o evento reuniu case 200 mulleres chegadas dende distintos puntos de Galicia e que participaron nalgún dos relatorios, mesas de diálogo e talleres experienciais; todos eles orientados ao crecemento persoal e profesional das asistentes.

Baixo o lema Da consciencia á acción para liderar, emprender e transformar dende o rural, o foro contou coa presenza de destacadas profesionais e referentes a nivel estatal en ámbitos como o emprendemento, a comunicación e a igualdade, como Nuria Varela, Gemma Fillol e Nuria Robleño.

A través dos seus inspiradores relatorios, as asistentes tiveron a oportunidade de reflexionar, adquirir novas ferramentas e coñecementos prácticos, así como reforzar a súa confianza para liderar, emprender e impulsar os seus propios proxectos.

As intervencións puxeron o foco na importancia de crear redes de apoio, de visibilizar o talento feminino e de avanzar cara un modelo máis igualitario, especialmente no contexto do rural.

Nesta segunda edición tamén houbo espazo para a reflexión colectiva arredor dos desafíos estruturais que afrontan as mulleres na actualidade, especialmente no ámbito rural. Para iso, organizáronse varias mesas de diálogo nas que referentes de distintos ámbitos do noso país compartiron as súas experiencias e visións.

Entre as participantes atopábanse Belén do Campo, Patricia Iglesias, Mercedes Queixas, Rosa Arcos, Eva López Barrio, Lorena Añón, Cecilia Trancón e María Mira, entre outras.

Promovido polo Concello de Vimianzo, coa colaboración da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, a segunda edición do foro Alza voz de muller pechouse reafirmando o seu compromiso coa visibilización do liderado feminino e co fortalecemento dunha comunidade activa de mulleres que apostan por transformar o territorio dende o rural.

Terceira edición

A sesión de clausura, da que se encargou María José Pose, concelleira de Benestar Social, Sanidade, Igualdade e Atención Cidadá do Concello de Vimianzo, serviu para anunciar a continuidade do proxecto así como a data de celebración da terceira edición.

“Alza voz de muller vai moito máis alá dun evento. Xa é un movemento que non pode e que non debe parar, especialmente agora que estamos nun contexto no que posicionarse, nomear, visibilizar e alzar a voz é máis importante e urxente que nunca”, sinalou a María José Pose durante a súa intervención.

A edil confirmou que a terceira edición do foro celebrarase os días 16 e 17 de abril de 2027 en Vimianzo.

Con esta nova convocatoria, Alza voz de muller dá un paso máis na súa evolución como movemento que trascende o formato de evento puntual para converterse nunha platarforma de impulso, conexión e transformación social no ámbito rural.

Tracking Pixel Contents