Melide homenaxeará doce escritores e unha escritora vinculados á vila colocando placas nas casas nas que naceron ou residiron
O acto central terá lugar o domingo 17 ao mediodía co descurimento da dedicada a Amador Rodríguez Martínez na rúa do Convento

Algúns dos autores vinculados a Melide que serán homenaxeados con placas nas fachadas das casas nas que naceron ou residiron. / Cedida
O Concello de Melide, a través da Concellería de Cultura, que dirixe Ana Mosteiro, e por iniciativa do Museo da Terra de Melide, homenaxeará doce escritores e unha escritora falecidos que naceron ou viviron na vila coa colocación de placas conmemorativas nas casas nas que residiron.
A iniciativa desenvólvese baixo o lema O Melide das Letras. A proposta busca converter estes inmobles en espazos de memoria para que o legado literario e cultural que deixaron non sexa esquecido co paso do tempo e para que as novas xeracións coñezan e valoricen a historia literaria e cultural de Melide.
As trece placas homenaxearán doce escritores e unha escritora relacionados coa creación literaria, a investigación histórica, o ensino e a difusión da cultura popular melidense.
Na rúa do Progreso colocaranse placas dedicadas a Eduardo Álvarez Carballido, médico-cirurxián e historiador de Melide; Emilio Pereiro Quiroga, autor de poemas e contos en prosa; Juana Teresa Juega López, poetisa e narradora; Antonio L. Taboada Roca, farmacéutico e historiador de Melide; Manuel Taboada Roca, Conde de Borraxeiros, maxistrado e académico; e Antonio Hermida Rodríguez, avogado, historiador e investigador.
Na rúa do Convento colocarase a de Amador Rodríguez Martínez, presbítero, galeguista e investigador do folclore e da tradición oral da Terra de Melide, e coautor, xunto a Vicente Risco, do capítulo 6 do Terra de Melide (Seminario de Estudos Galegos, 1933).
Na Ronda da Coruña colocaranse as de Nilo Cea Rodríguez, mestre, narrador, poeta e debuxante, e Xosé Manuel Rodríguez Pampín, crego, teólogo, docente e escritor; na rúa de San Antonio, a de Rafael Taboada Vázquez, sacerdote, museólogo e escritor; na Rambla de San Pablo, a de Jesús Mosteiro Raído, mestre e escritor; na rúa Mateo Segade Bugueiro, a de Carlos Parrado Garea, investigador e activista cultural; e na Praza do Convento, a de Xosé Domingos Cidre Bastián Fuciños Gómez, Mingos de Pita, activista cultural e investigador.
O acto central da programación do Día das Letras Galegas terá lugar o 17 de maio ás 12.00 horas na rúa do Convento, número 7, co descubrimento simbólico da placa dedicada a Amador Rodríguez Martínez. O resto das placas permanecerán xa descubertas nos distintos inmobles.
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- Raxoi paraliza una obra ilegal frente al parque de Bonaval: 'Habéis roto un trozo de historia
- Sin atracciones y con la comisión agotada: O Castiñeiriño afronta un San Antón marcado por la falta de relevo generacional
- Avistan un ejemplar de la tortuga más grande del mundo en Fisterra
- El palacete de casi 2 millones en Santiago que 'recuerda a Downton Abbey': una joya arquitectónica que no encuentra dueño
- Un hombre que agredió sexualmente a una amiga en Santiago tras una noche de marcha, condenado a once años de prisión
- Un compostelano idea una pasarela mirador bajo el viaducto del Miño con vistas privilegiadas de Ourense: 'Ojalá sea una realidad
- El restaurante de Santiago que triunfa con sus cachopos: 'No tienen nada que envidiarle a los de Asturias