Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PRESENTACIÓNS

Modesto Fraga leva 'Do amor salgado' a Cee, Fisterra, Corcubión e Santiago

A poesía salgada do escritor fisterrán regresa tres décadas despois

Modesto Fraga coa súa obra 'Do amor salgado'.

Modesto Fraga coa súa obra 'Do amor salgado'. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Fisterra

O poeta fisterrán Modesto Fraga comezará o xoves unha xeira de presentacións do libro Do amor salgado, recentemente reeditado por Aira Editorial e a Fundación Ínsua dos Poetas.

O primeiro acto vai ter lugar na librería Ler de Cee e contará coa participación de Juanma Abelleira Ronquete, autor das fotografías do poemario. 

Cartel promocional da presentación en Cee.

Cartel promocional da presentación en Cee. / Cedida

A obra, escrita en 1996 en plena efervescencia creativa do Batallón Literario da Costa da Morte, cumpre tres décadas de vida e ve a luz agora nunha nova edición aumentada con dez textos inéditos e unha coda final da autoría do poeta Miro Villar, autor do limiar que xa figuraba na primeira edición.

Premiada en 1996

Do amor salgado, obra gañadora do IV Certame de Poesía O Grelo-Amigos de Galicia en 1996, converteuse axiña nunha obra de referencia da poesía galega dos anos 90, coincidindo coas actividades impulsadas polo Batallón Literario.

Despois de pasar por Cee, Modesto Fraga presentará o libro en Fisterra (día 22 ás 19.30 horas no salón de actos), Corcubión (día 23 no bar A Gavilla ás 12.30 horas) e en Santiago de Compostela (día 26, na Libraría Couceiro ás 19.30 horas).

Tracking Pixel Contents