Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Rois pacta con FCC a continuidade provisional da recollida do lixo "con algunhas melloras"

Tras deixar de ser cliente de Serra do Barbanza, o Concello prevé adxudicar o servizo no prazo dun ano

Ramón Tojo, no centro, presidindo o pleno celebrado en Rois.

Ramón Tojo, no centro, presidindo o pleno celebrado en Rois. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Rois

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, dixo no pleno que o Goberno local chegou a un acordo coa empresa FCC, que realiza a recollida de lixo da Mancomunidade Serra do Barbanza, para que siga prestando ese servizo no municipio mentres o Concello non licita o seu, toda vez que o Concello deixou de ser cliente da entidade.

O rexedor explicou que o 31 de marzo rematou o prazo de tres meses de prórroga concedido pola Mancomunidade, e que se chegou a un acordo con FCC para seguir recollendo o lixo, con algunhas melloras no servizo.

O grupo socialista preguntou cal pode ser a duración deste período transitorio. A previsión é que no prazo dun ano se poida ter rematada a licitación da recollida do lixo. “Queremos rematar este proceso o antes posible”, afirmou o alcalde.

Os grupo socialista tamén se interesou polo proceso de licitación do Servizo de Axuda no Fogar, que se iniciou no mes de decembro. Ao respecto, Ramón Tojo explicou que na reunión celebrada pola mesa de contratación en febreiro excluíuse unha das empresas que se presentaron por non cumprir os requisitos.

Nestes momentos, a mesa de contratación está á espera de recibir o informe técnico coa valoración da oferta económica da única empresa que opta a realizar o servizo.

"Se todo está correcto e a licitadora presenta a documentación necesaria, a estimación é que no prazo dun mes podería estar adxudicado o SAF. A licitación sacouse por un período de dous anos, coa opción de prórroga dunha anualidade", sinalou o mandatario local.

Por outra banda, a Corporación municipal aprobou por unanimidade designar de novo a Rogelio Rivas Míguez como xuíz de paz titular substituto, como propoñía o ditame da Alcaldía, en base a que leva exercendo o cargo nos últimos anos e coñece a comunidade veciñal.

Tracking Pixel Contents