De Vacas celebra a diversidade cultural no IES do Milladoiro
Na súa II Semana Intercultural o centro ofrece música, teatro, regueifa, gastronomía, ciencia e, sobre todo, moita convivencia

Alumnas do centro impartiron clases de bachata no ximnasio. / Cedida
No ximnasio, un grupo de rapazas dan aulas de bachata. Noutra sala, o alumnado do Club de Ciencias amosa os seus últimos experimentos. Nos corredores do IES do Milladoiro conviven estes días todo tipo de manifestacións artísticas, científicas e mesmo gastronómicas, entre conversas que mesturan os acentos dos 550 alumnos de 20 nacionalidades.
É unha semana diferente no instituto. Hai menos pantallas, menos libros abertos e menos clases convencionais, pero aínda así moitas ensinanzas e moitas aprendizaxes. Porque na súa II Semana Intercultural o centro convértese nunha aula grande, aberta e compartida.

Alumnado do Club de Ciencias do IES do Milladoiro. / Cedida
Baixo o lema Somos Diferentes, Somos Referentes, o IES amesán pon en valor a diversidade cultural, a inclusión e a convivencia positiva, cun feixe de actividades musicais, de teatro, danza, arte, regueifa, gastronomía e diálogo. Boa parte delas guiadas polos propios estudantes.
Gala de peche
A música é outro dos fíos condutores da semana e terá moito protagonismo na gala de peche da Semana Intercultural, que contará coa actuación do grupo De Vacas. Será mañá a partir das 10.50 horas no auditorio da Casa da Cultura. O espectáculo estará presentado polo alumnado de Artes Escénicas e incluirá intervencións artísticas, proxeccións de materiais elaborados durante estes días, entrega de recoñecementos e dous galardóns sorpresa.

Na gala de peche actuará o grupo De Vacas. / Inés Vicente Garrido
A festa de clausura celebrarase, se o tempo o permite, no anfiteatro do Milladoiro, coa presenza de Mekanika Rolling Band e cun xantar solidario aberto á comunidade educativa. Nel, como non podía ser doutro xeito, haberá petiscos interculturais preparados polas familias e por hostaleiros e entidades da contorna, que colaboran nas actividades, xunto co Concello de Ames, Augas de Ames, a ANPA do IES do Milladoiro, ONCE, Acougo, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Agareso e o Centro de Hostalería de Lamas de Abade.
- El pueblo medieval de Galicia que se convierte en la capital del arte: 25 espectáculos desde el viernes para reír, emocionarse y vibrar
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- Cierra una de las cafeterías más queridas de Bertamiráns: 'Nunca pensamos que chegaría este día
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago
- De una punta a otra de España en tiempo récord: tres radares de Tráfico cazan al mismo conductor en Galicia, Zamora y Jaén más de 200 kilómetros por hora
- Susto por un incendio en el límite de Brión, Ames y Teo que se acercó a una aldea: 'Estuvo a unos 300 metros de las casas
- Air Nostrum recupera este verano una de las conexiones más singulares para Santiago
- Alquilar junto al mar en Galicia: de los 622 euros de Narón a los 1.352 de Sanxenxo
