Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

Adxudicadas por máis de 33,3 M€ as obras de prolongación da autovía de Costa da Morte

A previsión é que os traballos comecen no mes de xullo

O presidente da Xunta, o pasado mes de xaneiro, presentando o proxecto en Vimianzo.

O presidente da Xunta, o pasado mes de xaneiro, presentando o proxecto en Vimianzo. / X. G.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vimianzo

A Xunta adxudicou por máis de 33,3 M€ (33.363.014,14€) a execución das obras de prolongación da autovía da Costa da Morte, no treito entre Santa Irena (Vimianzo), e a estrada AC-432, que une a capital de Soneira e Camariñas.

Con esta actuación, adxudicada á UTE Construcciones y Obras Taboada y Ramos, S.L.U.- Construccións Obras e Vias S.A. (COVSA) – COMSA, S.A.U. prolongarase o tramo de autovía da Costa da Morte que se puxo en funcionamento no ano 2016, con case 28 quilómetros libres de peaxe que comunican os concellos de Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e o termo municipal de Vimianzo, ata Santa Irena.

Case seis quilómetros

A nova intervención abrangue 5,8 novos quilómetros de estrada, ata a intersección coa AC-432, que comunica Vimianzo e Camariñas. Este treito construirase sobre unha traza con parte do movemento de terras xa executado.

As obras incluirán a construción de dous enlaces e a previsión dun terceiro, para dar acceso ao polígono de Vimianzo, tres viadutos, seis pasos superiores, tres pasos inferiores e seis obras de drenaxe.

Dende a Consellería de Infraestruturas destacan como estrutura máis singular do proxecto o viaduto sobre o río Vimianzo, que permitirá o cruzamento da vía sobre esta contorna, entre os puntos quilométricos 7+005 e 7+249.

Tramo limitado a 100 km/h

O novo treito terá formato de corredor, como o tramo entre Baio en Santa Irena, e estará limitado a 100 km/h e, segundo anunciara o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no acto de presentación do proxecto en xaneiro, as obras comezarán no mes de xullo e rematarán nun prazo de dous anos e medio.

Subliñou ademais que «é un treito que queda para as medras, pois chegado o momento se o índice de vehículos diarios así o aconsella converterase en autovía».

Tracking Pixel Contents