CAMPAÑA
Cinco mil cartas para reforzar a prevención dos incendios forestais en Ponteceso
O prazo para acometer as labores de limpeza remata o 31 de maio

Casa do Concello de Ponteceso. / Cedida
O Concello de Ponteceso vén de poñer en marcha unha ampla campaña informativa para reforzar a prevención fronte aos incendios forestais mediante o envío de preto de 5.000 cartas aos titulares e posibles responsables de parcelas afectadas polas obrigas legais de limpeza, mantemento e xestión da biomasa vexetal.
A través desta actuación, o Concello lembra á veciñanza que o prazo xeral para executar estes traballos remata o vindeiro 31 de maio de 2026, especialmente no caso das parcelas situadas dentro das faixas secundarias de xestión da biomasa, así como en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.
Responsabilidade compartida
O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, destacou que "a prevención dos incendios forestais é unha responsabilidade compartida. Desde o Concello queremos actuar con tempo, facilitar información á veciñanza e favorecer que todas as persoas poidan cumprir coas súas obrigas antes da época de maior risco".
Desde o goberno municipal subliñan que esta campaña ten un carácter fundamentalmente preventivo e informativo, co obxectivo de reforzar a seguridade das persoas, das vivendas, das infraestruturas e dos núcleos de poboación do municipio.
Colaboración veciñal
O Concello de Ponteceso agradece a colaboración da veciñanza e lembra que manter as parcelas en bo estado é unha medida esencial para protexer o territorio e contribuír á redución do risco de incendios forestais no termo municipal.
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El Último de la Fila hizo historia en Santiago con una de las citas musicales más esperadas del año
- Crónica social compostelana | Reunión de cuatro generaciones de la familia Rúa
- Lalín ultima la Festa do Corpiño que traerá devoción y verbena el día 23 y 24
- Luis Zahera cierra por todo lo alto las fiestas de Fontiñas: 'Seguide sendo ben de barrio, que eso non se perda
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- Miguel Ángel Arca recibe un homenaje tras casi 30 años como bombero en Santiago
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas