ENCONTRO
O Xantar Veciñal da Baña volve o 7 de xuño con invitación gratuíta para maiores de 65 anos
O obxectivo é fortalecer os lazos sociais nun ambiente festivo e de convivencia

Asistentes ao xantar veciñal do ano pasado na Baña. / JUAN MARTINEZ
Redacción
O Concello da Baña, a través da Concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía, celebrará o domingo 7 de xuño o III Xantar Veciñal, unha cita de convivencia que terá lugar no pavillón polideportivo de San Vicenzo a partir das 13.00 horas.
O encontro busca favorecer o reencontro, a participación e os lazos sociais entre a veciñanza nun ambiente festivo e de convivencia, consolidándose como unha das actividades sociais destacadas do calendario municipal.

Cartel promocional do terceiro Xantar Veciñal da Baña. / Cedida
A participación estará aberta a toda a veciñanza do Concello da Baña, establecéndose dúas modalidades. Por unha banda, haberá invitación gratuíta para persoas empadroadas no municipio maiores de 65 anos (cumpridos ou que os cumpran ao longo deste ano) así como para aquelas persoas que cumpran os criterios valorables polos Servizos Sociais municipais.
Por outra banda, as persoas que non cumpran os requisitos anteriores poderán asistir mediante unha invitación cun custo de 35 euros, sendo gratuíta para menores de 10 anos.
Retirada de invitacións
As invitacións poderán recollerse entre o 19 de maio e o 2 de xuño no Departamento de Servizos Sociais, situado no número 5 da rúa Tedelle, de luns a venres en horario de 9.30 a 14.00 horas.
O Concello habilitará un servizo de autobús para facilitar o desprazamento das persoas interesadas, que deberá solicitarse no momento da recollida da invitación.
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas
- De Ames a Negreira, las alumnas que lideran las notas de la PAU de Galicia: «Sabía que la nota era buena... pero no tanto»
- Conxo rinde homenaje al histórico árbol plantado por Moncho Cascarilla con una estatua tras su polémica tala
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- El restaurante de Santiago que triunfa con sus cachopos: 'No tienen nada que envidiarle a los de Asturias
- Galicia se enfrenta a un episodio de calor extremo: alerta roja en Pontevedra y hasta 33 grados en Santiago
- Estuvo a punto de dejarlo y ahora este compostelano es campeón mundial de culturismo: 'La gente me dice que no sabe cómo soy capaz