Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Xunta e Concello de Ames estreitan a colaboración para impulsar a construción de vivendas de promoción pública

O alcalde, Blas García, reuniuse coa conselleira María M. Allegue

Reunión celebrada este mércores entre María M. Allegue e Blas García.

Reunión celebrada este mércores entre María M. Allegue e Blas García. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Ames

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, mantivo este mércores en San Caetano un novo encontro de traballo co alcalde de Ames, Blas García Piñeiro.

Nesta reunión, na que tamén estivo a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire, tratáronse temas de interese común para a Xunta e o municipio, de xeito especial en materia de vivenda.

María M. Allegue fixo fincapé no esforzo que está a realizar o Goberno galego para facilitar o acceso da cidadanía á vivenda.

O departamento que dirixe M. Allegue segue apostando pola colaboración entre administracións co fin de impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e reforzar a competitividade do municipio.

Un exemplo deste traballo é o protocolo de colaboración asinado o pasado ano, polo que e o Concello cedeu solo municipal para a construción de 218 novas vivendas de promoción pública, que suporán un investimento da Xunta de arredor de 41 M€.

Tracking Pixel Contents