Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FESTAS PATRONAIS

A noite máis 'cumbiera' do San Xoán de Carballo terá selo arxentino: Ráfaga

O cuarteto Son Bolero abrirá o ciclo de concertos o día 22

A banda arxentina Ráfaga actuará o día 26 de xuño no escenario do Rego da Balsa.

A banda arxentina Ráfaga actuará o día 26 de xuño no escenario do Rego da Balsa. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Carballo

A comisión de festas de San Xoán de Carballo continúa debullando a programación das celebracións patronais. Tras o anuncio de artistas como Baiuca e de grandes orquestras como Panorama City, CompostelaLos Satélites e La Última Legión, hoxe confirma dúas novas citas musicais que prometen converter a Praza do Concello nun fervedoiro de ritmo e emoción: o fenómeno arxentino Ráfaga e o grupo SonBolero.

O venres 26 de xuño, a partir das 01.30 horas, o escenario do Rego da Balsa converterase nunha auténtica pista de baile coa chegada de Ráfaga. A banda arxentina, que dende a súa formación en 1994 se converteu nun referente interxeracional, chega a Carballo nun momento de plenitude tras recuperar ao seu vocalista histórico, Ariel Puchetta.

Cunha traxectoria que suma máis de dúas décadas de éxitos —dende aquel primeiro disco Soplando Fuerte ata himnos coreados en medio mundo como Mentirosa ou La luna y tú—, Ráfaga promete un concerto cargado de enerxía, mans arriba e coreografías improvisadas. O público carballés poderá gozar dun directo que mantén a esencia estética e o son emocional que os fixo grandes, demostrando por que son os reis indiscutibles da cumbia festiva.

SonBolero: a banda sonora do día do pregón

Pero a música non agardará á fin de semana, senón que arrancará o luns 22 de xuño, día do pregón. SonBolero ofrecerá un espectáculo próximo e cheo de ritmo que promete non deixar a ninguén sentado. Este cuarteto, integrado por piano, contrabaixo e dúas voces que tamén asumen a percusión, destaca pola súa firme aposta por manter a orixinalidade e a pureza dos estilos latinos.

O seu repertorio será unha auténtica viaxe polas mellores páxinas da música caribeña: dende a cadencia do bolero e o danzón, ata a enerxía do son cubano, a guaracha, o chachachá e a salsa. Unha proposta que mestura a distinción dun concerto de cámara coa forza dunha verbena tradicional onde o baile é o protagonista indiscutible.

Diversidade de estilos

Estas dúas confirmacións súmanse a unha variada oferta musical que este ano aposta pola diversidade de estilos. Coa imaxe do cartel creada pola artista local Isa Bermúdez como pano de fondo, o Concello de Carballo e a Asociación Cultural San Xoán, que integran a comisión organizadora, seguen traballando para que este San Xoán 2026 sexa unha celebración participativa e vibrante.

Tracking Pixel Contents