Setecentas persoas celebran o xantar do Santo Isidro en Rois cunha homenaxe ao taberneiro José Luis Franco
O influencer Gabi García Calvo debutou como pregoeiro no pobo que lle viu nacer e medrar
Asistiu a delegada Belén do Campo e rexedores de Teo, Dodro, Boqueixón, Padrón e o local

Setecentas persoas asistiron ao xantar popular do Santo Isidro en Rois, co palco de autoridades e homenaxeados á esquerda / Concello
Ramón Tojo, alcalde de Rois, quixo agradecer a asistencia das 700 persoas que veñen de participar no xantar popular do Santo Isidro, durante o cal o Concello lle rendeu homenaxe a José Luis Franco Pérez, “un home ao que todos coñecemos e que durante máis de 45 anos rexentou a taberna A Carballeira, en Sorribas, un punto de encontro para moitos de nós”, asegurou. O acto contou coa asistencia da delegada da Xunta na Coruña, Belén Docampo, e dos alcaldes de Padrón, Dodro, Teo e Boqueixón, entre outras autoridades. E dun pregoeiro, o creador de contido Gabi García, que non dubidou en pedir que lle poñan o seu nome "a unha corredoira".
Deste xeito, e visiblemente emocionado por recibir a homenaxe Santo Isidro Labrador, José Luis Franco deulle as grazas “a todas as persoas que durante máis de 45 anos” pasaron pola taberna, que rexenta dende 1979, primeiro na compaña da súa nai e, nos últimos anos, coa súa dona Catalina Cobas. “Grazas a todas esas persoas que viñan todos os días ou cando podía, e que me fixeron sentir máis que como un taberneiro, como un amigo ou como un compañeiro”, afirmou. Como recordo da homenaxe, Ramón Tojo entregoulle a figura dun peregrino.

José Luis Franco, centro, co recordo que lle entregou o alcalde, á esquerda / Concello
Unha estrea
A festa do Santo Isidro serviu tamén este ano para que Gabi García Calvo se estrease como pregoeiro. Natural de Casal de Seira, @gabiii8 (nome que usa nas redes sociais) é un mozo de 34 anos que comezou a traballar como educador na escola infantil de Rois, profesión que agora exerce na escola infantil A Galiña Azul de Dodro. “Hoxe cumplo un soño: dar o meu primeiro pregón no pobo onde nacín, me criei, medrei, do que gardo moitos recordos e o primeiro concello no que empecei a traballar coidando aos nenos da escola infantil”, dixo. Ao rematar, Ramón Tojo, entregoulle a escultura dunha labrega creada por Camilo Seira.

O docente e influencer Gabi García Calvo sostén o recordo que lle entregou o rexedor, ao seu carón / Concello
Durante o evento, tamén se rendeu homenaxe as tres persoas centenarias do municipio e o alcalde entregoulle o premio a María Dolores Busto Beade como deseñadora do cartel que este ano gañou o concurso para promocionar as festas do Santo Isidro.
Menú e música
Tras degustar un menú composto por empanada, pulpo e carne ó caldeiro servida por pulpería Veloso, as persoas asistentes puideron asistir pola tarde da actuación musical de Antonio Barros e Ialma, financiada pola Secretaría Xeral da Lingua. A cativada tamén puido gozar cos inchables, os obradoiros e os xogos populares. A festa do Santo Isidro de Rois comezaba o venres pola mañá co pasarrúas do gupo de gaiteiros do OCT Chorima polas rúas de Urdilde e Rois, e a misa solemne na igrexa parroquial, na que o alcalde encabezou a procesión co santo. Pola noite, a Orquestra Saudade e a disco mobil Apocalipsis animaron a verbena no campo da festa.
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- El legendario París-Dakar revive en Fontiñas: así es la versión del barrio compostelano
- Hijos de Rivera lanza Santa Clara, su nueva cerveza temporal en colaboración con Basqueland Brewing
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- Cuarenta chefs con Estrella Michelin en Negreira por Art for Dent, Arzak y Casa Barqueiro
- El aeropuerto de Santiago cambia Heathrow por Gatwick, pero mantendrá su vuelo diario con Londres este invierno
- La USC sitúa a tres investigadores entre los jóvenes más destacados de Galicia por sus avances en energía, obesidad y turismo
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan