Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

O BNG urxe á Xunta a impulsar xa o segundo tramo da autovía da Costa da Morte

Alerta dun posible “embude” no cruce de Vimianzo cara Camariñas

Representantes do BNG reclamando a ampliación da autovía.

Representantes do BNG reclamando a ampliación da autovía. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vimianzo

O deputado do BNG Oscar Insua solicita no Parlamento que a Xunta inicie os trámites de actualización do proxecto da segunda fase de prolongación da autovía AG-55 entre a AC-432 e Berdoais, e que o someta a información pública este ano 2026.

Lembra que a adxudicación da obra da primeira fase, entre Santa Eirena e a estrada AC-432, "someteuse a información pública no Diario Oficial de Galicia en febreiro de 2020, mais o expediente non se aprobou nin nese ano nin en anos posteriores".

Insua asegura que "logo da presión política do BNG e da veciñanza nestes últimos anos para reiniciar os traballos, houbo que actualizar en 2025 o proxecto para adecualo á realidade de mercado no relativo aos prezos, e garantir así que a execución das obras fose viable".

Rematar canto antes

Os nacionalistas aseguran que "pasou case un ano entre que se actualizou o proxecto da primeira fase ata a formalización do contrato", polo que cren preciso ir adiantando todos os trámites necesarios "para rematar canto antes unha infraestrutura vital para a Costa da Morte".

Neste senso, instan ao Goberno galego a actualizar o proxecto da segunda fase de prolongación da AG-55 entre a AC-432, en Calo, e o cruce de Berdoias, e sometelo a información pública este ano, "co fin de contemplar no vindeiro orzamento do ano 2027 unha partida orzamentaria para licitar e iniciar os traballos de remate de forma simultánea aos da primeira fase".

"As actuacións referentes ao desmonte para a segunda fase están xa executadas e, a priori, non se contemplan tantas obras complexas de viadutos ou pasos superiores como na primeira fase", salientan os nacionalistas.

Máis tempo que a Sagrada Familia

Oscar Insua manifesta que "a este paso vai levar máis tempo facer esta infraestrutura que a Sagrada Familia de Gaudí, e iso que xa renunciaron a rematala como autovía. Non podemos permitir que se alongue máis tempo, é necesario actualizar o proxecto e licitar xa o segundo tramo, para que se execute de forma simultánea".

O parlamentario nacionalista engade que "hai que evitar que o cruce de Vimianzo cara Camariñas se converta nun embude e provoque un auténtico caos no tráfico". O PP, subliña, "sería responsable porque o sabe perfectamente e está nas súas mans evitalo".

Tracking Pixel Contents