Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

'O DEZASETE'

A Fundación Eduardo Pondal distinguiu a cinco novos Bos e Xenerosos

Amancio Prada, Mabel Rivera, o Coro Cántigas da Terra, Alexandre Nerium e María José Alonso foron os elixidos este ano

Os cinco novos Bos e Xenerosos cos bustos de Eduardo Pondal.

Os cinco novos Bos e Xenerosos cos bustos de Eduardo Pondal. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ponteceso

A aldea do Couto (Ponteceso) acolleu, como ocorre cada ano o 17 de maio, a entrega dos Premios Bos e Xenerosos que outorga a Fundación Eduardo Pondal (FEP) no marco da celebración O Dezasete.

Os distinguidos este ano foron o cantautor Amancio Prada, a actriz Mabel Rivera, o Coro Cántigas da Terra, o poeta e guía do Museo da Pesca de Fisterra Alexandre Nerium e a investigadora María José Alonso, aos que recoñeceron a súa traxectoria e achega á lingua, á cultura e á sociedade galega.

A celebración comezou cun pasarrúas protagonizado pola Escola de Música Tradicional de Outes. Os asistentes participaron despois nunha misa en galego na igrexa parroquial e, de seguido, na tradicional ofrenda floral e interpretación do Himno de Galicia diante do monolito de Eduardo Pondal.

Tracking Pixel Contents