MEDIO AMBIENTE
Voluntarios contra o lixo: Corme, Fisterra e Camelle súmanse á limpeza do litoral
Catro colectivos ambientais e sociais apelan á colaboración cidadá

Unha das xornadas de limpeza do proxecto Diversiplás promovida por Íntegro. / Cedida
A Costa da Morte será escenario esta fin de semana de tres xornadas de limpeza de praias impulsadas por catro colectivos. A Asociación Mar de Fábula, xunto coa A. C. Insua de Viastela e a ACD Salitre, busca mans voluntarias para unha xornada de limpeza colaborativa na praia da Ermida, en Corme (Ponteceso), programada para o sábado, día 23 ás 11.00 horas.

Cartel promocional da xornada de limpeza colaborativa en Corme. / Cedida
As persoas interesadas en colaborar deberán inscribirse antes das 20.00 horas do venres, 22 de maio, aos efectos de cobertura de seguros, no correo electrónico: info@mardefabula.gal ou chamando ao teléfono 660 242118.
O material necesario será aportado polas entidades organizadoras e a iniciativa contará co apoio loxístico do Concello de Ponteceso.
Pola súa banda, a asociación Íntegro, a través do seu programa de valorización do plástico Diversiplás, organizará dúas xornadas de limpeza nas praias de Langosteira, en Fisterra (venres, día 22, de 11.00 a 12.30 horas), e Camelle, en Camariñas (de 10.00 a 12.00 horas).
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do teléfono 981 734 985 ou do Whatsapp 650 961 649.

Cartel divulgativo das limpezas de praias programadas por Íntegro. / Cedida
A iniciativa, que ten como lema Limpa, colabora, inclúe!, combina sensibilización ambiental, participación cidadá e inclusión social. O obxectivo destas accións é fomentar a conciencia ambiental e implicar á veciñanza na conservación dos espazos naturais do litoral galego, promovendo ao mesmo tempo valores de cooperación, convivencia e inclusión.
Desde Íntegro fan un chamamento á participación cidadá para contribuír activamente á protección do medio mariño e á redución dos residuos nas praias da Costa da Morte.
A actividade enmárcase no proxecto Diversiplás, que conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia, da Unión Europea e do GALP Costa da Morte, no marco das accións de apoio ao desenvolvemento sostible e á dinamización social e ambiental do territorio.
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- Más de 400 vecinos disfrutan en el Cruceiro da Coruña de la primera sardiñada de la temporada en Santiago
- Esperan abrir el Pazo do Cotón en menos de 3 años: 'El proyecto hotelero más importante de Galicia a nivel de recuperación
- San Martiño Pinario revive el Santiago de 1976 con '50 anos aló': 'Esta festa creceu moito
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- La compostelana Televés lanza una nueva generación de antenas preparada para la televisión del futuro y las redes 5G
- Cortizo y la UDC unen fuerzas para crear un máster que conecte universidad e industria en fachadas ligeras