XORNADAS
Unha marea de compromiso pola inclusión socioeducativa enche Carballo
As vivencias en primeira persoa emocionaron aos participantes

Participantes na mesa redonda das xornadas celebradas en Carballo. / Cedida
O que comezou como un proxecto ilusionante converteuse xa nunha cita imprescindible e fixa no calendario anual da comunidade educativa galega. Carballo volveu brillar con luz propia coas III Xornadas sobre a inclusión socioeducativa (TEA), un espazo de aprendizaxe, empatía e futuro que superou todas as expectativas de asistencia e emoción.

O alcalde, no centro, inaugurou as xornadas celebradas en Carballo. / Cedida
A inauguración correu a cargo do alcalde, Daniel Pérez, e de Banesa Martínez, presidenta da asociación Un Paso Máis. Xunto a eles, Marcos Pinaque Varela, o relator principal das xornadas.
Unha marea de compromiso
O auditorio rexistrou unha afluencia masiva, con especial protagonismo do profesorado de educación primaria dos colexios de Carballo, pero cunha mobilización importante de profesionais e familias chegadas de diferentes puntos de Galicia.
Ademais do persoal docente, as xornadas espertaron un gran interese entre profesionais do ámbito da saúde e, por suposto, entre numerosas familias que buscan tender pontes cara a un sistema máis inclusivo.
Experiencias en primeira persoa
Un dos momentos máis enriquecedores e aplaudidos chegou da man da Asociación Aspaber. Cunha traxectoria de medio século "facendo camiño ao andar", as experiencias narradas en primeira persoa polo seu alumnado da FP Dual conmoveron ao público, mentres que as intervencións da súa directora, Dolores Fernández, foron celebradas con ovacións.
Do mesmo xeito, o equipo técnico da entidade —Brais, Susana, Carmen e Marisol— deu mostras da súa enorme cualificación, humanidade e saber facer no día a día.
O punto máis emotivo do encontro viviuse na mesa redonda, na que Valentín Costa Trillo (organizador da xornada) deu paso aos testemuños directos e as vivencias compartidas que cargaron o ambiente de sensibilidade e optimismo. Clara, Guille e Sheila deron leccións de vida.
A xornada serviu tamén para seguir unindo forzas a nivel autonómico, contando coa presenza de Patricia Dávila, presidenta de BarbanTEA, quen se desprazou ata Carballo para continuar tecendo redes de colaboración e apoio mutuo entre entidades. Tamén participaron as responsables de Paseniño, Alejandra Caamaño e Anabel Piñeiro.
Próxima parada: "Máis e mellor"
Valentín Costa asegura que "o éxito rotundo desta terceira edición deixa un sabor de boca inmellorable e a certeza de que a inclusión socioeducativa é un camiño sen retorno no que Carballo avanza con paso firme".
Despois de escoitar o sentir de todas as persoas asistentes, engade, "xa miramos ao futuro con optimismo e garantimos que o ano que vén volveremos con máis e mellor".
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- Avalancha de solicitudes para ayudas a la vivienda con 410 pisos en ciernes en la comarca: 'É o máis importante da miña vida
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete
- ¿Cuánto subirán las pensiones en Galicia en 2027? El IPC ya permite hacer una estimación
- Vuelve el calor veraniego a Galicia: los termómetros superarán los 30 grados este fin de semana