LIMPEZA COLABORATIVA
Cabos, chicotes e lixo soterrado: a contaminación que castiga o litoral de Corme
Voluntarios e veciños retiraron máis de 110 quilos de refugallo nas praias da Ermida e Osmo

Participantes na limpeza das praias da Ermida e Osmo, en Corme. / Cedida
Voluntarios e veciños de Corme (Ponteceso), mobilizados pola Asociación Mar de Fábula co apoio das asociacións Salitre e Insua de Viastela, recolleron máis de 110 quilos de lixo nas praias da Ermida e Osmo.
A presidenta de Mar de Fábula, Virginia Barros, asegura que "deixamos Corme cunha sensación agridoce. Doce pola gran participación de veciños e veciñas de Corme, persoas que queren e respectan o seu territorio. A sensación agre foi comprobar o estado da praia da Ermida e da zona alta de Osmo. Lixo que leva moito tempo contaminando, enterrado, pequeno e que forma parte da vexetación. É lixo esquecido e aceptado".

Voluntarios e veciños na xornada de limpeza colaborativa celebrada en Corme. / Cedida
Para evitar chegar a esta situación, dende o colectivo ambiental propoñen realizar "limpezas a pé, sen maquinaria que continúe a esnaquizar e espallar o lixo". Avogan ademais por unha maior concienciación nas prácticas portuarias "para deixar de engadir cabos e chicotes á lista de contaminantes".
En definitiva, engade Virginia Barros, "precísase un cambio de rumbo a mellor. Corme, a súa xente e o noso mar ben merecen todo o esforzo".
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Beatriz Romero, intérprete de signos de Rozalén, en Santiago: 'Cada vez más personas sordas se interesan por la música»