PROXECTO TALKO
Fósiles, clima e natureza na Semana do Medio Ambiente de Carballo
Haberá sesións de paleobioloxía, unha saída sobre as Herbas de San Xoán e un circuíto lúdico-científico para nenos

Miguel Vales, esquerda, Daniel Pérez e Iván Andrade presentando a programación. / C. C.
O Concello de Carballo celebrará do 1 ao 5 de xuño a Semana do Medio Ambiente, unha iniciativa que fusiona a divulgación científica, a sensibilización ecolóxica e a participación cidadá.
As actividades están vinculadas ao Proxecto TALK0 (Talento quilómetro cero), enmarcado no programa europeo MSCA and Citizens e financiado pola Unión Europea, que busca potenciar a transferencia de coñecemento e o talento científico a nivel local. Todas as propostas requiren inscrición previa a través da páxina web carballo.gal.
Ciencia e paleobioloxía
O bloque dirixido ao público mozo (a partir de 12 anos) e adulto centrarase en tres obradoiros prácticos e teóricos impartidos polo Grupo de Investigación en Cambio Ambiental e Paleobioloxía (GRICA-BIOpast) da Universidade da Coruña (UDC). Estas sesións terán lugar ás 17.00 horas nas Escolas do Xardín Agra de Caldas:
O luns, 1 de xuño, terá lugar a sesión Reconstrucións Climáticas, para comprender os métodos de estudo do clima do pasado; o día 3 estará centrado na Paleontoloxía 3D, e o día 5 abordarase a cuestión Que nos contan os fósiles?, e as persoas participantes poderán elaborar moldes e réplicas de fósiles.
Para persoas adultas (a partir de 18 anos) tamén se levará a cabo unha ruta guiada por Aldemunde, última actividade do programa MercaEscola.
Saída de campo
Aínda haberá outra saída máis. O xoves, 4 de xuño, ás 17.00 horas (cunha duración aproximada de 3 horas), o Grupo Naturalista Hábitat guiará unha sesión divulgativa e saída de campo centrada nas Herbas de San Xoán, pensada para a participación de persoas adultas pero tamén de nenos e nenas a partir de 10 anos.
E o venres, 5 de xuño, coincidindo co Día do Medio Ambiente, a Praza do Concello acollerá a partir das 17.00 horas un circuíto lúdico-científico deseñado para nenos e nenas de 4 a 10 anos.
Este espazo contará con cinco estacións interactivas: O sándwich da Terra: obradoiro sobre estratos e sedimentos comestibles; Cazadores de pegadas: creación de fósiles e modelado 3D con plastilina; Cristais magnéticos: simulacións científicas con limaduras e imáns; O puzzle do clima: Un xogo de asociación directo e sen pantallas; e Lupas e micro-mundos: observación directa da natureza con material óptico.
O programa presentouse na Praza de San Cristovo nun acto que contou coa presenza do alcalde de Carballo, Daniel Pérez; o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Miguel Vales, e o concelleiro de Innovación, Formación, Emprego, Fondos Europeos e Axenda Urbana, Iván Andrade.
Conectar coa natureza
O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales, destacou o valor de conectar coa contorna natural máis próxima: "É fundamental que as xeracións máis novas aprendan a respectar e protexer a biodiversidade que nos rodea, comezando por tradicións tan nosas como as herbas de San Xoán ou entendendo o funcionamento do noso planeta a través do xogo”.
Así mesmo, o concelleiro de Innovación, Iván Andrade, puxo o foco no prestixio das actividades programadas. "Contar co equipo de investigación da Universidade da Coruña para impartir obradoiros de paleobioloxía e tecnoloxía 3D en Carballo é un luxo que demostra o noso compromiso coa divulgación científica accesible, rigorosa e de calidade para toda a cidadanía", afirmou.
Pola súa banda, o alcalde, Daniel Pérez, subliñou a importancia de abrir as portas da ciencia a toda a veciñanza. Con esta Semana do Medio Ambiente "queremos que Carballo sexa un espazo de aprendizaxe para todos os públicos", subliñou.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Beatriz Romero, intérprete de signos de Rozalén, en Santiago: 'Cada vez más personas sordas se interesan por la música»