CULTURA
Cinco funcións darán vida ao primeiro ciclo de teatro afeccionado de Muxía
O obxectivo e impulsar o talento local e o intercambio con compañías de Cee, Camariñas e Vedra.

A compañía de Andaravía Teatro, de Vedra, pechará o ciclo o día 11 de xullo. / Cedida
O Concello de Muxía vén de presentar o primeiro Ciclo de Teatro Afeccionado, unha programación cultural que nace coa vocación de poñer en valor o traballo das compañías locais e enriquecer a oferta de lecer do municipio durante os meses de xuño e xullo.
O pano erguerase o día 13 de xuño coa representación de Delicatessen, a cargo da Escola Municipal de Teatro de Muxía, que repetirá función o día 14. Dous días despois, o 15 de xuño, será a quenda do grupo infantil da Escola de Teatro de Muxía coa obra O rei das espadas.

Cartel promocional do I Ciclo de Teatro Afeccionado de Muxía. / Cedida
O día 27 subirán ao escenario os actores e actrices da Escola Municipal de Teatro de Cee coa función Segredos, enganos, verdades e mentiras. Xa en xullo, o día 3, Linguas de Trapo Teatro, de Camariñas, porá en escena O velorio de Pepe 'O Charamuiscas', e pechará o ciclo o día 11 Andaravía Teatro, da Asociación Cultural Papaventos de Vedra, coa obra Lévame ao paraíso.
Todas as funcións terán lugar no Salón do Voluntariado ás 21.00 horas, cun prezo de entrada simbólico de 1 euro.
A iniciativa non só busca ser un escaparate para os actores e actrices da casa, senón tamén unha plataforma de intercambio cultural. "Grazas a esta rede de colaboración, os grupos muxiáns viaxarán para actuar noutros concellos, mentres que Muxía acollerá a compañías convidadas de formacións veciñas como Cee, Camariñas ou Vedra", subliña a concelleira de Cultura, Sandra Vilela.
Un corazón cultural
"Este ciclo é moito máis que unha sucesión de obras; é unha reivindicación da nosa identidade e do enorme potencial que temos na casa. A nosa Escola Municipal de Teatro é o corazón cultural de Muxía, un espazo onde se respira paixón, esforzo e dedicación en cada ensaio", engade.
Pola súa banda, o alcalde, Javier Sar, subliña o compromiso do goberno local coa dinamización e co nacemento de novas propostas para o municipio. "Dende o Concello apostamos con firmeza por estender e diversificar a nosa oferta cultural con iniciativas estables e de calidade como este primeiro Ciclo de Teatro Afeccionado", afirmou.
Facer comunidade
Agradece especialmente a Artur Trillo, director da Escola Municipal de Teatro, "o seu traballo incansable e o compromiso absoluto coa formación dramática en Muxía. O teatro afeccionado fai comunidade, une ás persoas e demostra que o noso Concello está moi vivo culturalmente. Convidamos á veciñanza e visitantes a encher o Salón do Voluntariado e apoiar esta gran estrea".
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El Último de la Fila hizo historia en Santiago con una de las citas musicales más esperadas del año
- Crónica social compostelana | Reunión de cuatro generaciones de la familia Rúa
- Lalín ultima la Festa do Corpiño que traerá devoción y verbena el día 23 y 24
- Luis Zahera cierra por todo lo alto las fiestas de Fontiñas: 'Seguide sendo ben de barrio, que eso non se perda
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- Miguel Ángel Arca recibe un homenaje tras casi 30 años como bombero en Santiago
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas