Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

URBANISMO

O centro social de Goiáns sitúa a Carballo na elite da arquitectura pública

Encadea tres distincións tras situarse como finalista dos Premios 2026 de La Casa de la Arquitectura

O novo centro social de Goiáns acumula xa tres distincións.

O novo centro social de Goiáns acumula xa tres distincións. / Luís Díaz Díaz

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Carballo

O novo centro social de Goiáns, na parroquia de Xoane, consolida ao Concello de Carballo como un referente estatal do deseño público, o urbanismo sostible e a integración paisaxística.

Por primeira vez, un edificio público vén de encadear tres recoñecementos de máximo prestixio internacional e nacional en tres dos certames máis esixentes do sector arquitectónico: os premios de La Casa de la Arquitectura, os do CSCAE e os Premios FAD.

Centro social de Goiáns, na parroquia carballesa de Xoane.

Centro social de Goiáns, na parroquia carballesa de Xoane. / LUIS DIAZ DIAZ

O recoñecemento máis recente sitúa o centro social de Goiáns como finalista nos Premios 2026 de La Casa de la Arquitectura, un órgano integrado no Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana.

O proxecto, deseñado polos arquitectos Laia Cervelló Sabaté e Miguel Fernández-Galiano Rodríguez, de Nula Studio, e Beatriz Aneiros Filgueira e Álvaro Fernández Carballada, de FCA, destacou na categoría ES_COHESIÓN, que recoñece especificamente as obras que funcionan como motores de inclusión, identidade e reequilibrio territorial no ámbito rural.

A distinción materializouse coa sinatura en Madrid da acta de entrega do obxecto conmemorativo dos galardóns, deseñado polos artistas David Bestué e Xavier Mañosa.

Premios Arquitectura do CSCAE

O edificio tamén foi elixido como un dos proxectos seleccionados nos Premios Arquitectura 2026, organizados polo Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE). Entre centos de candidaturas de todo o país, o comité de expertos destacou a proposta carballesa polos seus profundos valores sociais, patrimoniais e de sustentabilidade aplicados á edificación nunha contorna atlántica.

Destacado nos Premios FAD 2026

Cabe lembrar tamén que Carballo situouse na primeira liña da arquitectura ao incluír dous proxectos locais na rigorosa selección dos Premios FAD 2026, o galardón de carácter profesional e cultural con maior traxectoria da península. O fallo dos galardóns farase público no mes de xuño.

O centro social de Goiáns está presente, polo tanto, en tres certames completamente independentes e autónomos entre si, e que abranguen os eidos institucional do Ministerio, colexial do CSCAE e cultural-independente dos FAD, "o que eleva aínda máis o mérito da arquitectura local ao someterse ao escrutinio de tres xurados distintos e destacar en todos eles", subliñan dende o goberno local.

Cubertas que emulan o perfil dunha aldea

O edificio, caracterizado polas súas singulares cubertas enlazadas que emulan o perfil dunha aldea tradicional e a súa rechamante cor granate integrada no val, "amosa que o investimento público nas parroquias pode situarse na vangarda do deseño contemporáneo sen perder a súa vocación primordial: mellorar a vida diaria e a cohesión social dos veciños e veciñas", afirma o alcalde, Daniel Pérez.

Tracking Pixel Contents