PROGRAMACIÓN
Dezaseis propostas converterán Cee nun referente deportivo este verán
A oferta inclúe carreiras, torneos, campus e actividades na rúa durante os meses de xuño, xullo e agosto

Alfonso Canosa, esquerda, Margot Lamela, e Manuel Calo presentando o programa. / Cedida
O Concello de Cee prepárase para vivir un verán moi deportivo con 16 actividades e eventos programados para os meses de xuño, xullo e agosto. Unha ampla e variada oferta que foi presentada pola alcaldesa, Margot Lamela; o concelleiro de Deportes, Alfonso Canosa, e o técnico municipal de Deportes, Manuel Calo.
O programa inclúe o Día do Deporte na Rúa, o 3 de xullo; o Día da Bicicleta, o 11 de xullo; e a XI Carreira Pedestre Nocturna Concello de Cee, que terá lugar o sábado 18 de xullo. Tamén se desenvolverá o III Torneo Basket 3x3 ACB Costa da Morte, os días 1 e 2 de agosto.
Campus de fútbol e multideportivos
A programación complétase co IX Campus de Fútbol Sala FSF Villa de Cee, o VI Deporcampus RC Deportivo Cee, o III Campus de Atletismo Asociación Deportiva Olimpia, o XVII Campus de Baloncesto ACB Costa da Morte, os Campus de Fútbol Tecnificación SRD Unión Club Cee, masculino e feminino, a Escola de Verán Club Cee Deportes de Contacto, o IV Campus de Tenis de Mesa AD Zas, o Campus Multideportivo Piscina Municipal de Cee, o Campus de Baile Deportivo Arte e Movemento, o Campus de Kick Boxing Club Deportivo Dafit e o Campus de Verán Club Taekwondo Juan Cee.
A alcaldesa, Margot Lamela, sinalou que "o verán sempre trae consigo unha nova maneira de vivir Cee: as rúas énchense de xente, os días alónganse e o noso concello convértese nun espazo perfecto para movernos, convivir e gozar. Neste contexto, presentamos unha proposta pensada para que cada persoa atope a súa actividade e o seu momento".
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Avalancha de solicitudes para ayudas a la vivienda con 410 pisos en ciernes en la comarca: 'É o máis importante da miña vida
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete
- ¿Cuánto subirán las pensiones en Galicia en 2027? El IPC ya permite hacer una estimación
- Vuelve el calor veraniego a Galicia: los termómetros superarán los 30 grados este fin de semana