Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

OCIO

Concertos, teatro, andaina e festa de San Xoán no Lago Mar, en Muxía

O espazo xestionado por Horta Creativa converterase en xuño nun punto de encontro cultural e de lecer

Unha das actuacións musicais no cámping Lago Mar, de Muxía.

Unha das actuacións musicais no cámping Lago Mar, de Muxía. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Muxía

Concertos, teatro, monólogos, andainas, clases de ioga e powerfit e unha gran festa de San Xoán coa actuación dos Roquiños e un convidado sorpresa, ademais de foliada libre e sardiñada encherán de vida o cámping Lago Mar, de Muxía, xestionado pola cooperativa Horta Creativa

O sábado, día 13 de xuño a partir das 10.00 horas, o mestre Xan Fernández Carrera guiará unha andaina dende a praia do Lago ata San Martiño de Ozón. Á volta haberá pichos de paella para todos os asistentes. Para participar só é necesario inscribirse en info@campinglagomar.es.

Axenda de actividades programadas para o mes de xuño.

Axenda de actividades programadas para o mes de xuño. / Cedida

A música tamén será protagonista no mes de xuño. O sábado 6 ás 19.30 horas será a quenda do indie-rock dos ferroláns de Feed The Pet, e o sábado 13, á mesma hora, chegarán os ourensáns de Tandub e a súa fusión da música tradicional Gnawa co reggae, drum&bass ou electrónica.

Ritmos bailables

Regresan tamén a Muxía os Groovy Shakers dispostos a sacar a todo o mundo a bailar o venres 19 ás 21.00 horas. Tamén haberá combo con Muaré, que traerá a súa fusión de ritmos bailables e Charlie o sábado 20 ás 19.00 horas.

O día 29 ás 21.00 horas Erik LePeich ofrecerá un concerto cunha selección de éxitos. E o sábado 27 ás 20.00 horas poderase gozar dunha proposta singular coa fusión da cultura musical galega e a xaponesa de Icía&Haruna&Yoshimi.

Allo Negro pechará o mes de concertos co seu blues e soul o domingo 28 ás 19.30 horas. 

Teatro e monólogos

A programación escénica comezará o venres 5 ás 21.00 horas coa representación da obra O velorio de Pepe O Charamuscas! No que máis que chorar… riremos!, unha comedia de Xesús Ramos, adaptada por Rosa Mouzo, e que porá en escena Linguas de Trapo Teatro

Dende Camelle chegarán, o 12 de xuño ás 21.00 horas, Mortos de Risa cunha chea de monólogos.

Podcast e ioga

O sábado 27 o Lago-Mar acollerá a gravación dun novo capítulo do podcast Antonte e Pasadomañán, da cooperativa Horta Creativa. Nesta ocasión o tema será o submarinismo con José Manuel Carballo e Suso Casais.

E os domingos de xuño continúan as mañás de brunch mais as clases de ioga, pilates ou powerfit con Miriam Lado (día 7), Lila Búa (días 21 e 28), a partir das 10.00 horas. En ambos casos é necesario reservar en info@campinglagomar.es.

Tracking Pixel Contents